Guerra do Golfo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:1991 mediante HotCat
m Arranxos varios + cda
Liña 21:
A chamada '''Guerra do Golfo Pérsico''' ou simplemente '''Guerra do Golfo''' foi a guerra que de [[1990]] a [[1991]] enfrontou a [[Iraq]] e a unha coalición internacional, composta por 34 estados e liderada por [[Estados Unidos de América]], como resposta á invasión e anexión de Iraq do emirato de [[Kuwait]]. Tamén é coñecida como '''Operación Treboada do deserto''', nome da campaña liderada por Estados Unidos para liberar Kuwait. En Iraq, a guerra é con frecuencia chamada simplemente ''Um M'aārak'' ("A nai de tódalas batallas").
 
En xullo de 1990, [[Saddam Hussein]], presidente do Iraq, acusou a Kuwait de causar a caída dos prezos do petróleo e retomou antigas cuestíons de límites, alén de esixir indemnizacións. Como Kuwait non cedeu, o 2 de agosto de 1990, tropas iraquís invadiron Kuwait, coa esixencia do presidente Saddam Hussein de controlar os seus vastos e valiosos campos de [[petróleo]]. Este acontecemento provocou a inmediata sanción económica por parte das [[ONU|Nacións Unidas]]. As hostilidades comezaron en xaneiro de 1991, dando como resultado unha crucial vitoria para as forzas da coalición, o cal conduciu a que as tropas iraquís abandonaran Kuwait deixando un saldo moi alto de vítimas humanas. As principais batallas foron combates aéreos e terrestres dentro de Iraq, Kuwait, e a fronteira de [[Arabia Saudita]]. A guerra non se expandiu fóra da zona de Iraq-Kuwait-Arabia, aínda que algúns mísiles iraquís chegaron a cidades [[Israel|israelísisrael]]ís. As causas da guerra, e incluso o seu nome, son aínda temas de controversia.
 
== Invasión a Kuwait ==
Liña 35:
Inicialmente, a operación aliada recibiu o nome de "Escudo do Deserto" e máis adiante sería rebautizada como "Treboada do Deserto". A campaña iniciouse o 17 de xaneiro cunha serie de bombardeos nos que se utilizaron 100 mísiles cruceiro [[Tomahawk]] disparados dende barcos estacionados en augas do [[Mar Vermello]] e o [[Golfo Pérsico]]. Algúns dos brancos alcanzados durante os primeiros ataques foron 3 Palacios Presidenciais, o Ministerio de Defensa, a Dirección de intelixencia militar, cinco estacións de teléfono, a ponte Ashudad, o Cuartel xeral do Exército do Aire, unha fábrica de ensamblado de mísiles Scud, a sede do partido ''[[Baath]]'', a sede central da policía, a estación central de televisión e diferentes ministerios. Durante a primeira semana de ataques aéreos, a coalición anunciou que se logrou a destrución de cando menos 350 avións inimigos, mentres que os iraquís afirmaban ter derrubado 60 avións aliados. A coalición únicamente recoñecería a perda de 4 avións e máis tarde daríase a coñecer que unha refinería de ''Khafji'' en Arabia Saudita fora atacada pola [[artillería]] iraquí.
 
Nun intento por rachar a coalición e provocar a saída de [[Exipto]], [[Siria]] e outras nacións árabes do conflito, Saddam Hussein deu a orde de bombardear Israel usando mísiles Scud-B para obrigar ó Estado hebreo a entrar na guerra. A táctica non funcionou e os israelís abstivéronse de tomar represalias{{Cómpre referencia}}, pero estes ataques obrigaron á coalición a modificar os seus plans. A partir dese momento, as plataformas móbiles coas cales os iraquís disparaban contra Israel serían o obxectivo principal dos ataques. En total uns 41 mísiles Scud con carga convencional impactarían sobre as cidades israelís de [[Tel-Aviv]] e [[Haifa]].
 
O pánico apoderouse dos habitantes de Israel, pois temían que Saddam Hussein decidise lanzar un ataque químico ou biolóxico en calquera momento. Debido a isto, o goberno de Israel distribuíu máscaras antigás. O día 19 un bombardeo Iraquí causou a morte de 3 persoas e deixou feridas outras 16. Para evitar isto, o exército de Estados Unidos dispuxo a instalación de 6 baterías de anti-mísiles [[Patriot]] en territorio israelí, 2 en Turquía e 21 en Arabia Saudita. A pesar do despregue da defensa anti-mísil, isto non impediu que 46 mísiles Scud caesen sobre terrotorio saudita. De feito aínda, ata o día de hoxe, a efectividade dos anti-mísiles Patriot ó longo a Guerra do Golfo é obxecto de debate.
Liña 43:
Apenas iniciadas as hostilidades, os italianos lanzaron oito avións [[Tornado (avión)|Tornado]] para atacar brancos dentro de Kuwait. Sete destes avións deberon abortar a misión debido a problemas loxísticos e só un internouse en Kuwait de onde nunca máis volveu. O piloto e o navegante foron reportados como desaparecidos. A [[Royal Air Force]] británica, pola súa banda, experimentou serios problemas nos seus ataques ás bases aéreas iraquís. O obxectivo dos ingleses era deixar caer bombas [[JP-233]] para inutilizar as pistas, aínda que para isto os avións debían voar a non máis de vinte metros de altura para evitar os rádares ou pola contra serían detectados con antelación. Deste xeito, os británicos perderon cinco avións Tornado nas primeiras 400 misións. Debido a este incidente, os británicos suspenderon os ataques a baixa altura. A [[Forza Aérea iraquí]] efectuou algunhas saídas nun intento por defende-lo país, pero non había moito que puidese facer xa que a coalición contaba con avións de última xeración como o [[F-15 Eagle]], o [[F-16 Falcon]], o [[F-14 Tomcat]], o [[Panavia Tornado]], o [[F-117 Nighthawk]] e outros máis que eran apoiados por avións de [[contramedidas electrónicas]] e [[AWACS]]. De feito nunca houbo propiamente unha batalla aérea, salvo algúns encontros esporádicos e a maioría dos avións de Iraq foron destruídos nos búnkeres onde se atopaban ou nas pistas. Nos combates aéreos, os iraquís perderon 39 avións dos cales 30 derrubamentos foron causados polos F-15 Eagle. Calcúlase que uns 127 avións de Iraq foron destruídos durante o conflito, entre estes contábanse cinco dos seis bombardeiros Tupolev tu-22K con que contaba a nación árabe. Aínda así, un [[MiG-25]] iraquí logrou derrubar un [[F/A-18 Hornet]] do [[escuadrón VFA-81 Sunline]] durante unha escaramuza. Á súa vez, os F-15 Eagle da [[Forza Aérea Real Saudita]] encargáronse de dous Mirage F-1 iraquís. Máis adiante, un escuadrón de MiG-25 localizou e interceptou a un grupo de F-111 e F-15C. A actuación dos avións iraquís logrou que os mísiles [[SAM]] en terra puidesen derribar un dos F-15C Eagle. Así mesmo, tres F-16 Falcon estadounidenses foron destruídos por fogo antiaéreo durante unha misión de ataque e outros tres máis serían abatidos en distintos escaramuzas. Con todo, pese aos esforzos dos iraquís, a superioridade da coalición foise impoñendo rapidamente e unha patrulla de F-15 Eagle abateu dous MiG-25. Durante os encontros sucesivos sobre os ceos de Iraq, os F-15 Eagle norteamericanos lograron abater 5 MiG-29, 8 MiG-21, 2 SU-25, 4 SU-22, 1 SU-7 e 8 Mirage F-1. Aínda o 19 de xaneiro un MiG-29 conseguiu derribar un Tornado británico, pero pronto se fixo evidente que non había forma de competir co poderío da coalición e os mellores pilotos iraquís decidiron fuxir nos seus avións cara a Irán. Estímase que un total de 115 avións militares e 33 aparellos civís acharon refuxio en chan iraniano{{Cómpre referencia}}.
 
Cara ó final do conflito reportouse a perda de 38 avións da coalición, a maioría abatidos por fogo antiaéreo. Privados de forza aérea e acosados por intensos bombardeos, as forzas de Iraq optaron por protexer as súas tropas e o seu equipo baixo terra co que perderon toda mobilidade. Unha vez alcanzada a total supremacía aérea, a coalición incrementou os seus ataques a fin de que Saddam Hussein dese a orde de retirarse de Kuwait e aceptase renderse. Todas as cidades de Iraq foron branco de bombardeos e sufriron severos danos; morreron decenas de miles xa que as bombas que os aliados arroxaron sobre todo Iraq tiveron unha capacidade destrutiva equiparable a unhas oito veces a bomba de [[Hiroshima]]{{Cómpre referencia}}. Un dos incidentes máis soados ocorreu o 13 de febreiro cando dous mísiles impactaron nun refuxio antiaéreo en [[Bagdad]] chamado Al-Ameria e provocaron a morte de 1.200 civís.
 
Os resultados da campaña aérea foron abafadores para as forzas iraquís e minguaron terriblemente a súa capacidade de combate por non falar da súa moral. Estímase que ó termina-la guerra uns 2.435 tanques, 1.443 blindados e 1.649 pezas de artillería foron destruídos ou inutilizados como consecuencia directa dos demoledores ataques aéreos. Cabe destacar que o [[A-10A Thunderbolt II]] norteamericano deu bos resultados nas súas accións contra os blindados iraquís.
Liña 63:
 
{{Conflito árabe-israelí}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Guerras]]