393.002
edicións
Sem resumo de edição |
m (Arranxos varios + cda) |
||
== Historia e características ==
É unha derivación da anterior Asociación de Construtores de Fórmula 1 (F1CA, o nome foi cambiado debido ás connotacións desafortunadas nalgúns idiomas) e chegou a estar dominada por [[Bernie Ecclestone]] e [[Max Mosley]] (orixinalmente un co-fundador de March Engineering). [[Frank Williams]], [[Colin Chapman]], [[Teddy Mayer]], [[Ken Tyrrell]] eran tamén membros importantes. A FOCA serviu para representar os intereses dos seus equipos privados - polo xeral contra os organizadores das carreiras e máis tarde contra os fabricantes propietarios de equipos ou fornecedoresdoutros, como [[Scuderia Ferrari|Ferrari]], [[Matra]] e [[Alfa Romeo]]. Ecclestone converteuse en director executivo da organización en 1978, con Mosley asumindo o rol de asesor legal.
Na década de 1980, a organización rachou co organismo reitor do deporte - a FISA. A resolución deste conflito fixo que Ecclestone tomase un papel máis importante no funcionamento do deporte coa creación da FOA ([[Formula One Administration]]).
=== Outros artigos ===
* [[Guerra FISA-FOCA]]
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Fórmula 1]]
|