Alfabeto ugarítico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Arranxos varios + cda
Liña 5:
== Historia e características ==
[[Ficheiro:Ugaritic-alphabet-chart.svg|dereita|miniatura|O alfabeto ugarítico.]]
Mentres que a maioría das taboíñas de [[Ugarit]] están escritas en [[cuneiforme]] silábico que notan a [[lingua acadia]] ([[linguas semíticas]]) ou [[lingua hitita|hitita]] ([[lingua indoeuropea]]), algunhas outras sono nunha nova escritura cuneiforme, chamada «alfabeto ugarítico», que nota unha lingua semítica [[cananeo|cananea]] (así como textos [[hurrita]]s). Esta escritura é, de feito, historicamente, o primeiro [[abjad]] ([[alfabeto]] que escribe sobre todo as consoantes). Testemuña por primeira vez a [[clasificación alfabética|orde das letras]] aínda empregada hoxe na maioría dos alfabetos modernos ([[alfabeto latino]], [[alfabeto grego]], [[alfabeto etrusco]] pero tamén alfabetos semíticos como os alfabetos [[alfabeto fenicio|fenicio]] e [[alfabeto hebreo|hebreo]]), a orde chamada «[[orde levantina|levantina]]»:
 
A existencia dunha clasificación alfabética énos coñecida por varias taboíñas abecedarias. Algunhas taboíñas máis raras, atopadas en [[Beth Šemeš]], clasifican porén as letras na orde [[orde sudarábica|sudarábica]]. O abecedario ugarítico máis habitual dá vinte e sete letras (seguidas de tres adicionais) nesta orde ([[transcrición das linguas semíticas|transcrición tradicional das linguas semíticas]]):
Liña 13:
</center>
 
Nota: a letra transcrita como ''<u>ṭ</u>'' éo como ''ẓ'' no artigo de O'Connor (cf. bibliografía infra).
 
A primeira letra non é a vogal /a/ senón o [[ataque glotal]] (unha consoante) seguido da vogal /a/, pois este abjad — que non escribía normalmente as vogais — non servía para notar este ataque glotal só: en efecto, ''ʾi'' e ''ʾu'' (ataque glotal seguido de /i/ ou /u/) parecen tern sido engadidas no final do alfabeto, tardiamente, pois. É posíbel que cando a invención deste abjad designase o ataque glotal vocalizado (fose cal for o [[Timbre (música)|timbre]] da vogal) e que máis tarde se especializase para o ataque glotal seguido de /a/ e non doutra vogal, de onde a adición de outras dúas formas nunha época máis tardía.
 
A presenza dalgúns [[grafema]]s [[silabario|silábicos]] (por exemplo ''ʾi'' e ''ʾu'' engadidos ao final) é un préstamo segundo o modelo [[lingua acadia|acadio]], de onde a presenza dun ''s̀'', para transcribir unha consoante non semítica de valor descoñecido e probabelmente utilizada para os textos escritos en [[hurrita]]. Notar que o trazado dalgúns caracteres varía segundo as fontes de documentación indicadas na bibliografía. Non hai en efecto modelo arquetípico real ningún e as inscricións poden ser de estilos moi diferentes.
Liña 45:
* [https://listhost.uchicago.edu/pipermail/ane/2004-November/015436.html Alfabeto ugarítico - Brian Colless] (versión 1)
* [https://listhost.uchicago.edu/pipermail/ane/2004-November/015476.html Alfabeto ugarítico - Brian Colless] (versión 2)
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Alfabetos]]