Xoán Manuel Pintos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 37:
|notas =
}}
'''Xoán Manuel Pintos Villar''', nado no [[O Burgo, Pontevedra|Burgo]] ([[Pontevedra]]) o [[16 de decembro]] de [[1811]] e finado en [[Vigo]] o [[29 de xuño]] de [[1876]], foi un escritor galego. Está considerado un dos [[precursores]] do [[Rexurdimento]] literario, e dentro deles á primeira xeración [[Provincialismo galego|provincianista]]. A súa obra, como acontecía por norma xeral na época, está espallada en xornais, revistas e folletos, mais é ''[[A gaita gallega (libro)|A Gaita Gallega]]'' ([[1853]]), a única obra súa publicada en vida, a composición que o sitúa nun lugar importante dentro da [[literatura galega]] por ser a primeira escrita en galego moderno. Dedicóuselle o [[Día das Letras Galegas]] en [[1975]].
 
== Traxectoria ==
Liña 43:
Os seus pais eran Basilio Pintos García, funcionario de aduanas, e Ramona Villar Rodríguez, ambos naturais de Pontevedra. Xoán Manuel foi o terceiro de cinco irmáns. Estudou primeiro [[Humanidades]] no [[Convento de San Domingos da Coruña]] e máis tarde [[Dereito]] (dende [[1829]] a [[1835]]) en [[Santiago de Compostela]]. Dende [[1837]] a [[1840]] traballou de [[avogado]] na Coruña, posteriormente, en [[1840]], foi nomeado [[xuíz]] de primeira instancia en [[Cambados]] polo goberno progresista. O ano seguinte casou con Serafina Amando Boullosa, irmá de [[José Benito Amado Boullosa]], coa que tivo catorce fillos. Logo de ser destituído como xuíz en [[1844]] polo goberno conservador e ata [[1862]] exerceu de avogado en Pontevedra, onde chegou a ser decano do colexio profesional e impartiu ensino público e privado. Finalmente, dende 1862, foi [[rexistro da propiedade|rexistrador da propiedade]] na cidade de [[Vigo]]. Colaborou cos xornais ''[[El País (1857)|El País]]'' e ''[[La Perseverancia]]'', ambos os dous editados en Pontevedra, ''El Álbum'' de ''[[El Miño (Vigo)|El Miño]]'', ''[[El Heraldo Gallego (1874)|El Heraldo Gallego]]'' e ''[[La Caridad (Vigo)|La Caridad]]''.<ref name="GEG">{{Versaleta|[[Xosé María Dobarro|Dobarro Paz, X. M.]]}}: "Pintos Villar, Xoán Manuel". ''[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada|Gran Enciclopedia Gallega]]'', [[2005]].</ref>
 
Foi nomeado socio de mérito deda agrupación [[La Galicia Literaria]], fundada en Madrid por [[Teodosio Vesteiro Torres]].
 
== Obras ==