Historia da informática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎ENIAC: arranxiños
Liña 45:
Mauchly publicou un artigo coas súas ideas e as de Atanasoff, o cal espertou o interese de [[Herman Goldstine]], un oficial da reserva que facía de intermediario entre a [[universidade]] e o [[exército]], o cal conseguiu interesar ao Departamento de Ordenación no financiamento dun computador electrónico dixital. O [[9 de abril]] de [[1943]] autorizouse a Mauchly e Eckert iniciar o desenvolvemento do proxecto. Chamouselle ''Electronic Numerical integrator and Computer'' ([[ENIAC]]) e comezou a funcionar nas instalacións militares norteamericanas do campo ''Aberdeen Proving Ground'' en agosto de [[1947]]. A construción tardou 4 anos e custou 486.804,22 dólares.
 
O ENIAC tiña 19.000 [[tubo sen carga|tubos sen carga]], 1500 [[relé]]s, 7500 [[interruptor]]es, centos de miles de [[resistencia eléctrica|resistencias]], [[condensador eléctrico|condensadores]] e [[inductor]]es e 800 quilómetros de [[cable|arames]], funcionando todo a unha frecuencia de reloxo de 100.000 [[ciclos por segundo]]. Tiña 20 [[acumulador (informática)|acumuladores]] de 10 díxitos, era capaz de sumar, restar, multiplicar e dividir, e tiña tres táboas de funcións. A entrada e a saída de datos realizábase mediante tarxetas perforadas. Podía realizar unhas 5000 sumas por segundo. Pesaba unhas 30 [[tonelada]]s e tiña un tamaño equivalente ao dun salón de clases. Consumía 200 [[kilovatioquilovatio]]s de potencia eléctrica e necesitaba un equipo de aire acondicionado para disipar a gran calor que producía. EnDe promediomedia, cada tres horas de uso fallaba unha das [[válvula]]s.
 
O que caracterizaba ao ENIAC como a un computador moderno non era simplemente a súa velocidade de cálculo, senón o que permitía realizar tarefas que antes eran imposibles.