Historia da informática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
cableado - cablaxe http://www.digatic.org/gl/node/13408
Liña 35:
Practicamente ao mesmo tempo que Atanasoff, o enxeñeiro [[John Mauchly]], atopouse cos mesmos problemas en canto a [[velocidade]] de cálculo, e estaba convencido de que habería unha forma de acelerar o proceso por medios electrónicos. Ao carecer de medios económicos, construíu un pequeno calculador dixital e presentouse ao congreso da ''Asociación Americana para o Avance da Ciencia'' para presentar un informe sobre o mesmo. Alí, en decembro de [[1940]], atopouse con Atanasoff, e o intercambio de ideas que tiveron orixinou unha disputa sobre a paternidade do calculador dixital.
 
== [[Segunda Guerraguerra Mundialmundial]] ==
 
En [[1941]] Mauchly matriculouse nuns cursos na ''Escola Moore de Enxeñaría Eléctrica'' da [[Universidade de Pensilvania]], onde coñeceu a [[John Presper Eckert]], un instrutor de laboratorio. A escola Moore traballaba entón nun proxecto conxunto co exército para realizar unhas táboas de tiro para armas balísticas. A cantidade de cálculos necesarios era inmensa, tanto que se demoraba uns trinta días en completar unha táboa mediante o emprego dunha máquina de cálculo analóxica. Aínda así, isto era unhas 50 veces máis rápido do que tardaba un home cunha sumadora de sobremesa.