Sputnik 1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Liña 19:
O [[foguete]] auxíliar de lanzamento do Sputnik 1 tamén alcanzou a órbita terrestre e foi visible de noite, desde a [[Terra]], como un obxecto de primeira magnitude, mentres que a pequena pero puída esfera, apenas era visible en sexta magnitude, polo que era máis difícil seguila desde terra. Varias réplicas do satélite Sputnik 1 poden verse en museos de Rusia e outra está exposta no Smithsonian National Air and Space Museum (Museo Nacional Smithsonian do Aire e do Espazo) en Washington DC.
 
Os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] tamén traballaron sobre os satélites, inicialmente con equipos traballando para a US Navy (Mariña dos Estados Unidos) como o Proxecto Vanguard. O seu primeiro lanzamento intentouse antes que o Sputnik, pero foi atrasado moitas veces antes de ser lanzado desde a plataforma. Entón empezou un grande esforzo no Programa Júpiter do US Army (Exército Americano) lanzando satisfactoriamente o Explorer 1 o 31 de xaneiro de 1958. Este foi considerado o principio da carreira espacial entre as dúas superpotencias, como un aspecto da [[Guerraguerra Fríafría]]. Ambas as nacións intentaron superarse entre elas na exploración do espazo, culminando finalmente no lanzamento cara á Lúa do Apollo 11, o 16 de xullo de 1969. Aínda que esta última é unha idea occidental, pois en Rusia, fálase que non era unha carreira lunar, senón espacial, e ao ser eles -os rusos- en chegar primeiro ao espazo, gañaron tal carreira. Tampouco se pode falar de finalizar a carreira pois aínda se compite en moitos campos espaciais.
 
No [[2003]] unha unidade de reserva do Sputnik 1, chamada modelo PS-1 vendeuse en eBay (sen a radio, que foi extraída durante os anos 60 ao ser clasificada como material militar). Estivera en exposición nun instituto de ciencias preto de [[Kiev]]. Estímase que se construíron de catro a vinte modelos con propósitos de proba. Un modelo do Sputnik 1 entregouse como agasallo ás [[Nacións Unidas]] e agora decora o [[vestíbulo]] de entrada das súas oficinas centrais en [[Nova York]].