Diferenzas entre revisións de «Asparagales»

=== Ixioliriaceae, Tecophilaeaceae e Doryanthaceae ===
 
O seguinte nodo en Asparagales (todas as familias menos Orchidaceae e o clado mencionado) demostrouse que é robusto (81 % de apoio jacknife en Soltis ''et al.'' 2000,<ref name="Soltis et al. 2000" /> 100 % de apoio bootstrap en Chase ''et al.'' 2005,<ref name="Chase et al. 2005" /> ver tamén Fay ''et al.'' 2000<ref name="Fay et al. 2000" /> usando datos de catro [[xenoma plastidialcloroplástico|xenes plastídicos]], e Chase ''et al.'' 2000<ref name="Chase et al. 2000" />), pero non hai caracteres forafóra dos moleculares que unan a este clado.
 
A posición de [[Ixioliriaceae]] e [[Tecophilaeaceae]] aínda é pouco clara. Algunhas análises moleculares únenas nun clado, por exemplo recibe apoio de leve a moderado en Chase ''et al.'' (2000),<ref name="Chase et al. 2000" /> Pires ''et al.'' (2006),<ref name="Pires et al. 2006" /> e Givnish ''et al.'' (2006),<ref name="Givnish et al. 2006b" /> y en Graham ''et al.'' (2006)<ref name="Graham et al. 2006" /> recibe un apoio máis forte pero a mostraxe é máis ben pobre. Na análise de 3 xenes de Fay ''et al.'' (2000)<ref name="Fay et al. 2000" /> o clado ten un brazo moi longo. Estas dúas familias comparten a posesión de [[cormo (órgano de almacenamento)|cormos]], a [[inflorescencia]] foliosa e moitas veces unha inflorescencia case capitada, as [follas de disposición espiralada e base envaiñadora, as flores máis ben grandes, o verticilo externo de tépalos mucronado a aristado, o perianto formando un tubo curto, o [[androceo]] inserido na boca, e un número cromosómico x=12 (Soltis ''et al.'' 2005 e [[Angiosperm Phylogeny Website|APWeb]]). Tamén se encontran outras topoloxías: en Janssen e Bremer (2004)<ref name="Janssen e Bremer 2004" /> Ixioliriaceae diverxe considerablemente antes (pero é adxacente a) Tecophilaeaceae; e en Davis ''et al.'' (2004),<ref name="Davis et al. 2004" /> cunha mostraxe menor, encóntrase algún apoio para irmandar a Ixioliriaceae con [[Iridaceae]], tamén en Chase ''et al.'' (2006)<ref name="Chase et al. 2006" /> hai apoios (esta vez fortes) para este parentesco, onde o clado é irmán de [[Doryanthaceae]] (mais con apoio baixo).
190.093

edicións