Abrir o menú principal

Cambios

m
Un dos primeiros obxectivos do goberno Nkrumah foi promover o [[desenvolvemento]] do país, de modo que os seus [[recurso]]s poidesen ser usados para mellorar o [[benestar]] da poboación, e non só para producir bens exportábeis cara os países desenvolvidos. Desde un punto de vista [[Ideoloxía|ideolóxico]] Nkrumah era un defensor do [[socialismo africano]]. Foi así creado un sistema económico que combinaba a libre iniciativa privada cun forte papel do [[Estado]] na economía. Na primeira época a política de Nkrumah obtivo discretos éxitos, especialmente nos campos do [[ensino]] e da construción de [[infraestrutura]]s (o grande encoro de [[Akosombo]]), mais os programas de desenvolvemento impuxeron tamén un forte peso nas finanzas do país que, unido as esperanzas que as excesivas ambicións do presidente xeraran, e máis o difusión da corrupción, revelouse un punto insostíbel. Amargado polas dificultades que Ghana atopaba no seu intento de se emancipar tanto social como economicamente, Nkrumah virou moi apaixonado na denuncia do [[neocolonialismo]] . Para vencer estas forzas Nkrumah tiña en mente unha solución, xa pensada nos tempos da súa militancia no movemento [[panafricano]]: a unión de [[África]] enteira nunha [[federación]].
 
As ambicións revolucionarias de Nkrumah levábano a considerarse investido dunha misión que transcendía os confíns de Ghana para se estender por toda [[África]]. Nkrumah vía na federación de África o único xeito de que o continente se emancipase realmente e obtivese un espazo na época da [[Guerraguerra Fríafría]]. Coherentemente, estaba a prol dunha política de “neutralismo activo”.
 
Neses anos da [[descolonización]] a idea dunha organización, calquera que fose, dos países africanos gozaba de consenso xeral. Mais Nkrumah insistía en botar as bases dunha unión política, sendo claro que esa postura non se aceptaba pola maioría dos dirixentes africanos. De maneira que a Organización da Unidade Africana ([[OUA]]) non correspondía aos desexos de Nkrumah, senón apenas un organismo intergobernamental. Con todo, en 1965, Kwame Nkrumah non dubidou en gastar 10 millóns de [[Libra esterlina|libra]]<nowiki/>s en erguer un Pazo da Unidade Africana en Accra, con ocasión da Conferencia de Xefes de Estado e Goberno da OUA, nun momento no que a economía do seu país estaba en dificultades, custo que a súa ambición política impuña e que lle subtraía o apoio da poboación. Por outra banda a súa liña intransixente sobre o neocolonialismo, xunto co apoio aos "combatentes pola liberdade" no resto do continente, e mailo seu achegamento, nos anos últimos, á [[URSS]] e a [[República Popular China|China]], contribuirón a lle crear fama de revolucionario incómodo e a lle retirar o sostén dos "moderados". Todos ese factores illárono no plano internacional e foron unha das causas da súa caída. Outra causa sería o cariz cada vez máis [[autoritario]] que o seu réxime fora tomando desde a independencia de Ghana.
99.825

edicións