Diferenzas entre revisións de «Benito Losada Astray»

 
== Traxectoria ==
Fillo de Benito Alvarez-Losada Pardo, catedrático de Dereito Penal, e Teresa Astray-Caneda Calvelo. Licenciouse en Medicina e ingresou no Corpo de Sanidade Militar. Exerceu de médico militar no País Vasco durante a [[guerra carlista]] e máis tarde en Cuba. Convencido anticlerical, interesouse na política [[liberalismo|liberal]], afiliándose ao partido republicano, o que o levou a participar no [[levantamento de Solís]] de [[1846]]. Colaborador de diversas publicacións, como ''[[El Heraldo Gallego (1874)|El Heraldo Gallego]]'' e ''[[Revista Gallega]]'', pódese adscribir á xeración provincialista, polo que forma parte da nómina de poetas tardíos do Rexurdimento.
 
Consérvase un manuscrito que titula "Os que ensinan a orella" no que arremete implacablemente contra o clero polo seu desexo de exclusividade no ensino público e que lle valeu unha forte campaña de desprestixio por parte dun mozo director dun xornal compostelán, pero ao que veu a darlle a razón o Real Decreto sobre o ensino libre do Ministerio de Fomento, presidido por Pidal.
215.749

edicións