Campo magnético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *avanzo
Jglamela (conversa | contribucións)
Traduzo de es.wiki
Liña 6:
<math> F \propto B \cdot v \cdot Q\cdot{Sen(\theta)}</math>
</center>
 
== Historia ==
Aínda que algúns materiais magnéticos eran coñecidos dende a antigüidade, como por exemplo o poder de atracción que a [[magnetita]] exerce sobre o ferro, non foi ata o [[século XIX]] cando quedou plasmada a relación entre a [[electricidade]] e o magnetismo, pasando de seren campos diferenciados a formar o que se coñece como electromagnetismo.
[[Ficheiro:Ørsted - ger, 1854 - 682714 F.tif|miniatura|[[Hans Christian Ørsted]], ''Der Geist in der Natur'', 1854]]
Antes de 1820, o único magnetismo coñecido era o do ferro. Isto cambiou en 1820 cando [[Hans Christian Ørsted]], un profesor de ciencias pouco coñecido da [[universidade de Copenhague]] preparou na súa casa unha demostración científica aos seus amigos e alumnos. Planeou demostrar o quecemento dun fío por unha corrente eléctrica e tamén levar a cabo demostracións sobre o magnetismo, para o que dispuxo dunha agulla de compás montada sobre unha peaña de madeira.
 
Mentres realizaba a súa demostración eléctrica, Ørsted notou que cada vez que se conectaba a corrente eléctrica, a agulla se movía. Calou e finalizou as demostracións, mais nos seguintes meses traballou duro intentando explicar o novo fenómeno sen conseguilo. A agulla non era nin atraída nin repelida pola corrente. En vez diso tendía a quedar en [[ángulo recto]].
 
== Características ==
Por outra banda o campo magnético pódese abordar de xeito semellante ao [[campo eléctrico|eléctrico]], mais en lugar de considerar a carga eléctrica (un escalar) como fonte do campo, este papel vaino facer o ''[[momento dipolar magnético]]'' (un vector). É neste senso que se fala do campo magnético coma un campo que deriva dun potencial vectorial e non dun escalar como o campo eléctrico.