Kim Il-sung: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 45:
En [[1948]], debido a unha polarización política e ideolóxica entre ambos gobernos coreanos, a reunificación do país non foi posible. Kim pasou a ser Primeiro Ministro da República Democrática Popular de Corea. O partido comunista xurdiu coa unión de distintos grupos. Trala fusión da organización coa contrapartida do Sur, formouse o [[Partido dos Traballadores de Corea]].
 
O 12 de xuño de [[1950]] Corea do Norte lanzou un ataque co obxecto de liberar Corea do Sur e de unificar o país baixo un goberno único [[socialismo|socialista]]. Ao mesmo tempo, os líderes de Estados Unidos e os seus aliados, pensaron que [[Stalin]] ordenara o ataque, o que levou á chamada [[guerra de Corea]], o primeiro conflito bélico das dúas grandes superpotencias resultantes na [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e a [[Unión Soviética]], coñecido co nome xenérico de [[Guerraguerra Fríafría]].
 
O material de arquivo apunta a que foi unha decisión de Corea do Norte non dirixida dende [[Moscova]]. As forzas norcoreanas tomaron [[Seúl]] e ocuparon a maior parte do Sur, pero forzas das [[Nacións Unidas]] (encabezadas por Estados Unidos) volveron tomar Seúl e posteriormente [[Pyongyang]], ante o cal Kim e o seu goberno fuxiron á China. En novembro, as forzas chinesas entraron na guerra e fixeron marcharse ás tropas das Nacións Unidas, volvendo tomar Pyongyang e Seúl entre [[1950]] e [[1951]]. Seúl volveu ser controlado por Nacións Unidas, e en [[1953]] o país quedou dividido definitivamente en dous partes.