Unión Soviética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Economía: arranxiño
→‎Relacións internacionais: Corrixín un erro ortográfico.
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 170:
Tras a inicialmente negación por parte do mundo capitalista do recoñecemento diplomático, a Unión Soviética chegou a ter relacións oficiais coa maioría das nacións do mundo a finais dos [[1980|anos 80]]. A Unión Soviética tamén aumentara a súa importancia na esfera internacional, dende estar fóra de organizacións e negociacións internacionais, a ser un dos árbitros do destino de Europa despois da [[segunda guerra mundial]]. Como membro das [[Nacións Unidas]] dende a súa fundación en [[1945]], a Unión Soviética converteuse nun do cinco membros permanentes do Consello de Seguridade de Nacións Unidas que lle deu o dereito de veto das súas resolucións.
 
A Unión Soviética emerxeu da [[segunda guerra mundial]] como unha das dúas potencias principais do mundo, unha posición mantida durante catro décadas a través da súa hexemonía en [[Europa Oriental]] (''véxase [[bloque do leste]]''), forza militar, axuda aos países en vías de desenvolvemento, e investigación científica, especialmente en tecnoloxía espacial e armamentística. A influencia cada vez maior da Unión Soviética no exterior nos anos da posguerra axudou a conducir a un sistema comunista aos estados de Europa Oriental, unidos por acordos militares e económicos. Alcanzou ao [[imperio Británico]] como superpotencia global, tanto no seu sentido militar como na súa capacidade de expandir a súa influencia máis aló das súas fronteiras. Establecido en 1949 como bloque económico dos países comunistas conducidos por [[Moscova]], o soviéticamentesovieticamente dominado [[Consello de Axuda Mutua Económica]] (COMECON) serviu como marco para a cooperación entre as economías planificadas da Unión Soviética, e, máis adiante, para a cooperación comercial e económica co [[terceiro mundo]]. A contraparte militar ao COMECON era o [[pacto de Varsovia]]. A economía soviética era tamén de gran importancia para a Europa Oriental debido ás importacións de recursos naturais vitais da URSS, como o [[gas natural]].
 
[[Ficheiro:Carter Brezhnev sign SALT II.jpg|miniatura|esquerda|240px|[[Leonid Brezhnev]] e [[Jimmy Carter]] ([[1979]]).]]