Volcán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 37.133.20.79 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
Liña 64:
Os conos compostos producen algunhas das actividades volcánicas máis violentas. O [[Monte Vesuvio|Vesuvio]] é un claro exemplo do poder de devastación deste tipo de volcáns. En efecto, o Vesuvio erupcionou no ano [[79]] dC logo de estar por varios séculos inactivo. O [[24 de agosto]], así a todo, e durante tres días a cidade de [[Pompeia]] (preto de [[Nápoles]]) e máis de 2.000 dos seus 20.000 habitantes foron soterrados baixo unha capa de cinzas de 6 metros de grosor. 17 séculos despois os restos de Pompeia foron descubertos brindando os aspectos de vida dos romanos.
 
==== NuveNube ardente ====
Cando as erupcións dun volcán están acompañadas de gases quentes e cinzas prodúcese o que se coñece como fluxo piroclástico ou [[nube ardente]]. Tamén coñecida como ''avalancha incandescente'', a nube ardente desprázanse pendente abaixo a velocidades próximas aos 200 km/h. A sección basal destas nubes conteñen gases quentes e partículas que flotan neles. Desta forma, as nubes transportan fragmentos de rochas que grazas ao rebote dos gases quentes en expansión deposítanse ao longo de máis de 100 km dende o seu punto de orixe.