Lingua escocesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eliminouse a referencia ó ficheiro "RossScotLang1400.JPG" que foi borrado en Commons por Daphne Lantier. Motivo: per c:Commons:Deletion requests/File:RossScotLang1400.JPG
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 27:
 
== Historia ==
O gaélico escocés é unha das linguas tradicionais dos [[Escociapobo escocés|escoceses]] e a lingua histórica da maior parte de Escocia. Non está claro desde cando se fala gaélico en Escocia. Aínda que hai quen afirma que se falaba en [[Argyll]] antes da chegada dos romanos, parece que a data máis segura é o [[século IV]], co reino de [[Dál Riata]], que uniu a antiga provincia do [[Ulster]], no norte de [[Irlanda]], co oeste de Escocia, acelerando así a expansión do gaélico, ao que tamén contribuíu o establecemento da igrexa gaélico-falante. A [[toponimia]] parece indicar que o gaélico xa se falaba no [[século V]].
 
Esta lingua acabou por desprazar a dos [[picto]]s ao norte do [[río Forth]] e, até finais do [[século XV]], coñecíase en inglés como ''Scottis''. O seu declinio comezou no continente a comezos do [[século XIII]]; dous séculos máis tarde existía xa a divisoria [[Terra Alta]]/[[Terra Baixa]].