Correo electrónico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 15:
O servizo de correo electrónico pronto se popularizou, e desenvolvéronse protocolos para permitir a comunicación con usuarios fóra de ARPANET. Para permitir a conexión entre computadores que non estaban directamente conectados, había que especificar a "ruta" que a mensaxe tiña que seguir para "ir" dun computador ao outro, especificando todas as máquinas "intermedias" separadas por un signo "!". En moitos casos, había que utilizar rutas con ata 10 ou máis conexións. A posibilidade de que algún nodo fallase e a mensaxe non chegase a destino era alta. Unha maneira de evitar isto era dando varios camiños alternativos, coa esperanza de que algún deles funcionase.
 
=== Sistemas de correo electrónico soportados en Computadorescomputadores centrais ===
Os sistemas de correo electrónico orixinais permitían a comunicación só entre usuarios que estaban rexistrados neste host, ''mainframe'' ou "computador central", pero podían ser centenares ou miles de usuarios dentro dunha empresa ou universidade. Cara ao 1966 (ou quizais antes, é posible que o sistema [[Semi Automatic Ground Environment|SAGE]] actuase de forma similar), aqueles sistemas permitiron enviar correo electrónico entre empresas diferentes mentres executasen sistemas operativos compatibles, pero non con outros sistemas diferentes.