Abrir o menú principal

Cambios

En 1603, [[Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra|Xacobe VI, Rei dos escoceses]] herdou os tronos do [[Reino de Inglaterra]] e do [[Reino de Irlanda]], converteuse no Rei Xacobe I de Inglaterra e Irlanda, e cambiou [[Edimburgo]] por Londres.<ref>{{cita libro |título=Chronology of Scottish History|editorial=Geddes & Grosset |isbn=1-85534-380-0 |apelido=Ross |nome=David |ano=2002 |páxina=56}}</ref> Agás un curto período coñecido como [[O Protectorado]], Escocia seguiu sendo un estado, mais houbo un conflito considerable entre a coroa e os [[Covenanter]]s sobre a forma de goberno da Igrexa. A [[Revolución Gloriosa]] de 1688–89 supuxo o destronamento do [[Xacobe II de Inglaterra|Rei Xacobe VII de Scotland e II de Inglaterra]] polo parlamento inglés en favor de [[William e Mary]]. A finais dos anos 1690, Escocia experimentou fames, que reduciron a poboación de partes do país nun 20 por cento.<ref>"''[http://books.google.com/books?id=RiLjHZdt-sMC&pg=PA2&dq&hl=en#v=onepage&q=&f=false Famine in Scotland: The 'Ill Years' of the 1690s]''". Karen Cullen,Karen J. Cullen (2010). [[Edinburgh University Press]]. p.2. ISBN 0-7486-3887-3</ref>
 
En 1698, os [[pobo escocés|escoceses]] tentaron un ambicioso proxecto para asegurar unha colonia de negociación no [[Istmo de Panamá]]. Practicamente tódolos escoceses con cartos e terras investiron no [[Proxecto Darien]]. O seu fracaso provocou a ruína deses propietarios de terras, pero non a dos burgos. Porén, a ruína dos nobres, xunto coa ameaza da invasión inglesa, xogou un papel determinante no convencemento da elite escocesa de volver unirse con Inglaterra.<ref>{{cita web|url=http://www.scottishaffairs.org/backiss/pdfs/sa52/Sa52_Scott.pdf |título=Why did the Scottish parliament accept the Treaty of Union? |editorial=Scottish Affairs |dataacceso=1 de maio de 2013}}</ref><ref>{{cita web |url=http://www.scottishhistorysociety.org/departments/scottishhistorysociety/resources/popularoppositiontotheratificationofthetreatyofanglo-scottishunionin1706-7/backgroundtotheissues/ |título=Popular Opposition to the Ratification of the Treaty of Anglo-Scottish Union in 1706-7 |editorial=University of St Andrews}}</ref>
 
O 22 de xullo de 1706, o [[Tratado de Unión]] foi acordado entre os representantes do [[Parlamento de Escocia]] e do [[Parlamento de Inglaterra]], e o ano seguinte, as [[Lei de Unión (1707)|Actas de Unión]] foron aprobadas polos dous parlamentos para crear o [[Reino de Gran Bretaña]], con efecto dende o 1 de maio de 1707.<ref name=Mackie/>
188.551

edicións