Solidaridad Gallega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
obra colectiva, o autor do capítulo citado é Xosé Ramón Barreiro Fernández
Liña 5:
Tralo triunfo electoral da [[Solidaritat Catalana]] en [[1906]], en Galicia aumentan os contactos entre as forzas da oposición para o establecemento dunha forza política que aglutinase os sectores contrarios ao turnismo.
 
No verán de [[1907]], 44 persoas asinan o [[Manifesto Solidario]], que deu orixe a Solidaridad Gallega na que conflúen os republicanos dirixidos por [[José Rodríguez Martínez (médico)|José Rodríguez Martínez]], os republicanos federais de [[Moreno Barcia]], os tradicionalistas de [[Juan Vázquez de Mella]] e os rexionalistas de [[Manuel Murguía]], [[Galo Salinas]] e [[Uxío Carré Aldao|Eugenio Carré]]. O Manifesto foi redactado polo ferrolán [[Rodrigo Sanz López]], e o primeiro mitin levouse a cabo en [[Betanzos]], o [[6 de outubro]] de 1907.<ref>Fabra Barreiro, G.Fernández, ''op. cit.'' páx. 229</ref>
 
O [[anticaciquismo]] e o apoio ao [[asociacionismo agrario]] foron os dous piares da organización. Baixo o seu patrocinio formáronse 400 sociedades agrarias, pero en [[1911]] só 85 permanecían afiliadas á SG.
Liña 13:
''[[Solidarismo Gallego]]'' foi o seu órgano oficial, aparecido en decembro de 1907 da man de Rodrigo Sanz, na Coruña. Pechou ó cabo de 10 números, o [[16 de abril]] de [[1908]], para ser substituído polo semanario ''[[Solidaridad Gallega (periódico)|Solidaridad Gallega]]'', tamén dirixido por Rodrigo Sanz e que desapareceu en 1911 ou [[1912]]. A facción republicana e esquerdista editou ''[[Galicia Solidaria]]'' entre 1907 e 1908.
 
Pola súa iniciativa, chegáronse a convocar as Asembleas de Monforte de 1908, 1910 e 1911 que se prolongaron posteriormente en Ribadavia.<ref>Fabra Barreiro, G.Fernández, ''op.cit.'' páx 146.</ref>
 
== Notas ==