Brión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m →‎Demografía: corrixo problema de visualización en Modelo:Hab info
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Historia: ligazón
Liña 125:
 
== Historia ==
Consérvanse restos da [[megalitismo|cultura megalítica]], como o campo de mámoas de Raña Longa. Da [[cultura castrexa]] consérvase o [[sitio arqueolóxico]] de Santa Cecía, o [[castro Lupario]], castros de Lamiño, Boullón, Forxán, Pousada, Vioxo e Ons. Logo da [[romanización de Galicia|romanización]], por estas terras pasaba a vía romana ''[[per loca maritima]]''. Os romanos tamén construíron o ''[[hipocaustum]]'' de Cirro.
 
Durante o [[antigo réxime]] as terras de Brión estiveron baixo o dominio da familia dos Moscoso, que desde o [[Torres de Altamira|castelo de Altamira]] dominaban boa parte do norte de Galiza. Trala batalla de Altamira, que tivo lugar en [[1471]] contra as tropas do [[arquidiocese de Santiago de Compostela|arcebispo de Compostela]] [[Alonso II de Fonseca]], [[Rui Sánchez de Moscoso]] deuse o título de I Conde de Altamira. Con todo, a fortaleza de Altamira foi quedando deshabitada por mor do progresivo traslado da nobreza galega á corte debido á política centralista levada a cabo polo [[reino de Castela]] desde os [[Reis Católicos]], até o seu abandono total no [[século XIX]].