Célula B de memoria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios +cda
Liña 3:
 
== Resposta primaria, parátopos e epítopos ==
Ao inicio da primeira resposta (resposta primaria) a unha infección contra un determinado [[antíxeno]], as células virxes que responden a eles (que nunca antes foron expostas a un antíxeno) sofren unha selección clonal para producir unha colonia de células específicas para ese antíxeno. A maioría deses clons diferéncianse en [[célula plasmática|células plasmáticas]], tamén chamadas células B efectoras produtoras de [[anticorpo]]s, que atacan e intentan eliminar a infección. O resto dos clons non sofren esa diferenciación, senón que permanecen como células B de memoria, que poden vivir moitos anos, como media 10 anos.
 
O anticorpo producido por un clon (grupo de células xeneticamente idénticas) de células B teñen un [[parátopo]] exclusivo dese clon (o parátopo é a secuencia de aminoácidos do extremo dos anticorpos que se une ao [[epítopo]] do antíxeno). Isto permite que se una con grande afinidade ao epítopo ao que é específico.
Liña 12:
Todos estes eventos ocorren nos [[centro xerminal|centros xerminais]] dos folículos linfoides dos [[ganglio linfático|ganglios linfáticos]].
 
Algúns dos parátopos resultantes (e das células que os elaboran) teñen unha maior afinidade polo antíxeno (concretamento polo [[epítopo]]) e é máis probable que proliferen que outras.
 
Ademais, con cada exposición ao antíxeno, o número de clons diferentes que responden ao mesmo antíxeno increméntanse ([[resposta policlonal]]), e persisten un maior número de células de memoria. Así, as características distintivas da resposta secundaria humoral son unha produción de anticorpos máis forte e específica (basicamente consistente nunha maior cantidade de moléculas de anticorpo).
 
O feito de que todas as células dun só clon elaboren só un parátopo e que as células de memoria sobrevivan durante longos períodos é o que fai que a resposta inmunitaria teña unha "memoria". Este é o principio que está detrás da vacinación e administración de doses de recordo das [[vacina]]s.
Liña 24:
=== Outros artigos ===
* [[Célula T de memoria]]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Linfocitos]]