Óso alveolar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 7 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q448692
m Arranxos varios +cda
Liña 2:
[[Imaxe:Gray853.png|300px|miniatura|Cartílaxes do nariz, vistos desde abaixo. (''Proceso alveolar'' do maxilar superior visíbel na parte inferior.)]]
 
Denomínase '''óso alveolar''' ao óso dos maxilares que contén ou reviste as concas ou [[alvéolo dentario|''alvélos dentarios'']], nas que se sitúan as raíces dos [[dente]]s.
 
É un óso fino e compacto con múltiplas e pequenas perforacións, a través das cales pasan os [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]], os [[nervio]]s e os [[vaso linfático|vasos linfáticos]].
 
Por tanto, óso alveolar é aquel [[óso]] xa sexa do [[maxilar superior]] ou da [[mandíbula]] que contén as raíces dos dentes.
 
Se fora posíbel mirar un cranio que estivera perdendo dentes, veríase que os ósos maxilares non son só planos óseos horizontais. Dentro do óso hai pequenos cráteres que marcan o lugar onde os dentes se insiren.
 
Estes espazos son os ''[[alvéolos]]'', e as súas paredes chámanse [[Proceso alveolar|procesos alveolares]] (na terminoloxía científica, latina, ''processus alveolaris maxillae''). Conforme o dente vai saíndo a través da [[enxiva]], o proceso alveolar desenvólvese ao redor dos dentes para axudar a sostelos dentro dos maxilares.
 
O óso alveolar é, por tanto, unha capa delgada que circunda a raíz dos dentes, manténdoos seguros contra as bacterias da [[xinxivite]] debido á inserción das fibras coláxenas do [[ligamento periodontal]]. Pode ser considerado como un tecido conxuntivo especializado mineralizado, composto basicamente por un 33 % de matriz orgánica e un 67 % de cristais de hidroxiapatita.
 
Ademais de manter a estrutura dentária no arco, o óso alveolar tamén ten funcións de protección, locomoción e de reservatorio.
Liña 18:
Xusto antes da mineralización, os [[osteoblasto]]s inician a produción de vesículas de matriz. Estas vesículas conteñen enzimas, tales como a [[fosfatase alcalina]], que axudam a iniciar a enucleación de cristais de [[hidroxiapatita]]. Estes cristais crecen e desenvólvense, formando nódulos óseos coalescentes, os cales, con fibras coláxenas en rápido desenvolvemento e desorientadas, son a subestrutura do óso lamelar e o primeiro óso formado no alvéolo. Mais tarde, a través da deposixión ósea, remodelación e secrción de capass de fibras coláxenas orientadas, o óso lamelar maduro queda formado. Os cristais de hidroxiapatita están xeralmente aliñados cos seus longos eixos paralelos ás fibras coláxenas.
 
O óso alveolar desenvólvese ao redor de cada folículo dentario durante a [[odontoxénese]]. Cando un [[dente deciduo]] (''dente de leite'') queda [[inclusíón dentaria|incluído]], o óso alveolar reabsórbese. O dente permanente sucesor móvese para o lugar, desenvolvendo o seu propio óso alveolar a partir do seu prpio [[folículo dentario]].
 
A medida que a raiz dentaria se forma e os tecidos circundantes se desenvolven e madurecen, o óso alveolar fúndese co óso basal de desenvolvemento separado e os dous forman unha estrutura contínua. A pesar de que o óso alveolar e o [[ósso baal]] teñen orixes diferentes, ambos derivan da [[crista neural ectomesenquimal]].
Liña 29:
== Bibliografia ==
* Periodontia clínica, Carranza; Newman, Takei, Klokkevold, Carranza; Elsevier Editora; 2007.
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Odontoloxía|Oso alveolar]]