Estenose aórtica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios +cda
 
Liña 2:
 
== Epidemioloxía ==
A estenose aórtica é un problema común. Aproximadamente un 2% da poboación maior de 65 anos, un 3% das persoas maiores de 75 anos e un 4% de maiores de 85 anos sofren esta [[doenza]]. En [[Norteamérica]] e [[Europa]], onde a poboación acada máis idade, a prevalenza da estenose aórtica está aumentando de cada vez máis. Por mor da considerábel [[morbilidade]] e [[mortalidade]] que comporta este trastorno, cun grande impacto persoal, social e económico, a estenose aórtica é un problema de [[saúde]] adoito habitual que a cada vez presenta maiores índices de estudo e tratamento coa intervención cirúrxica axeitada.
 
== Diagnóstico ==
O [[electrocardiograma]] adoita abondar para demostrar evidencias de hipertrofia ventricular esquierda, un dos signos máis determinantes de estenose aórtica. Coa [[fluoroscopia]] pçodese visualizar calcificacións na [[válvula aórtica]], porén, é a [[ecografía]] a que pode descartar a presenza de estenose da válvula aórtica. A valoración Doppler pode determinar o fluxo a través da válvula, definindo a gravidade da [[doenza]].
 
A cateterización cardíaca diagnostica e valora a gravidade dunha estenose aórtica, a cal mide a presión a través da válvula, calculando o grao de obstrución.
 
== Tratamento ==
A terapia con medicamentos non ten un rol definitivo no tratamento da estenose aórtica. Ocasionalmente lógrase aliviar temporalmente co uso de [[Dedaleira|dixital]] e [[diurético]]s, especialmente en casos asociados a [[insuficiencia cardíaca]].
 
A estenose aórtica cúrase co reemplazamento da [[válvula aórtica]], ben sexa mecánica ou biolóxica, usualmente [[Porco|porcina]].
Liña 18:
{{Valvulopatías}}
{{Corazón}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Valvulopatías]]