Estame: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios +cda
Liña 1:
[[Ficheiro:Amaryllis stamens aka.jpg|miniatura|dereita|250px|Estames da flor ''[[Amaryllis]]'' amosando grandes [[antera]]s cheas de [[pole]].]]
En [[botánica]], un '''estame''' é cada un dos órganos florais masculinos portadores de sacos polínicos, chamados ([[esporanxio|microsporanxios]]), que orixinan os grans de [[pole]] ([[Micróspora|micrósporasmicróspora]]s).
 
== Etimoloxía ==
A palabra ''estame'' procede (do [[latín]] ''stamen'' ("hebras longas do [[vellón]] de lá") é o [[órgano (anatomía)|órgano]] masculino dunha [[flor]]. Cada estame xeralmente ten un [[filamento (botánica)|filamento]] (do latín ''filum'', "fío"), e, ao final del, a '''[[antera]]''' do [[grego antigo]] ''anthera'', feminino de ''antheros'' "floral," e de ''anthos'', "flor,").
 
== Características ==
Os estames típicos que se atopan nas [[anxiospermas]], consisten nunha antera pendurada no extremo dun [[pedículo]]. Os nectarios florais desenvólvense en moitos casos na base dese filamento.
 
Chámase ''estaminodios'' aos estames estériles que de forma normal aparecen en certas flores. A súa función é variada e pode ter que ver coa produción de [[Néctar (botánica)|néctar]] ou coa función rechamante que adoitan cumprir os [[pétalo]]s.
 
Nun gromo floral inmaturo (non aberto), os filamentos aínda son curtos. A súa función posterior é transportar [[nutriente]]s ao pole en desenvolvemento e comezan a alongarse en canto abre o gromo. A antera pode estar fixada ao filamento de dúas formas:
* basifixa: á base do fiamento; permite a '''dehiscencia lonxitudinal''' (abre lonxitudinalmente para liberar o pole)
* versátil: fixado ao centro do filamento; o pole é logo liberado a través de poros ('''dehiscencia poral''').
 
=== Tipos ===
Liña 29:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Gola, G., Negri, G. y Cappeletti, C. 1965. ''Tratado de Botánica''. Editorial Labor S.A., Barcelona, 2ª edición, p.  1.110.
* Font Quer, P. 1953. ''Diccionario de Botánica''. Labor, Barcelona.
* Strassburger, E. 1994. ''Tratado de Botánica''. Omega, Barcelona, 8ª edición, p.  1088.
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Botánica]]