Diferenzas entre revisións de «Lisina»

m
Arranxos varios +cda
m (Arranxos varios +cda)
== Estrutura química ==
Actúa quimicamente como unha [[Base (química)|base]], igual que a [[arxinina]] e a [[histidina]], xa que a súa [[cadea lateral]] contén un
grupo amino [[protonación|protonable]] que a miúdo participa na formación de [[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]] e como base xeral nas [[catalizador|catálises]].
 
Este grupo amino, ademais de darlle [[carga eléctrica|carga positiva]] ás [[proteína]]s, é [[acetilable]] por [[encima]]s específicos, coñecidos como [[acetiltransferase]]s. Considérase que esta [[acetilación]] é unha [[modificación postraducional]], xa que se produce despois da [[tradución (proteínas)|tradución]] da proteína a partir do [[ARN mensaxeiro]]. Porén, as súas [[modificación postraducional|modificacións postraducionais]] máis comúns inclúen a metilación do grupo ε-amino, que dá como resultado a metil-, dimetil- e a [[trimetillisina]]. Isto último ocorre na proteína [[calmodulina]].
 
== Biosíntese ==
Como aminoácido esencial, a lisina non se sintetiza no organismo dos animais e, por conseguinte, estes deben inxerilo como lisina ou como proteínas que conteñan lisina. Existen dúas rutas coñecidas para a [[biosíntese]] deste aminoácido. A primeira lévase a cabo en [[bacteria]]s e [[plantas]] superiores, a través do [[ácido diaminopimélico]], e a segunda na maior parte dos [[Fungo (bioloxía)|fungos]] superiores, por medio do [[ácido α-aminoadípico]]. Nas plantas e nos microorganismos a lisina sintetízase a partir de [[ácido aspártico]], que se converte en primeiro lugar en [[β-aspartil-semialdehido]]. A [[ciclación]] xera [[dihidropicolinato]], que se reduce a Δ<sup>1</sup>-piperidina-2,6-dicarboxilato. A apertura do anel deste [[heterociclo]] xera unha serie de derivados do [[ácido pimélico]], que finalmente xeran lisina.
 
Algúns dos encimas que participan nesta biosíntese son os seguintes:<ref>Nelson, D. L.; Cox, M. M. ''Lehninger, Principles of Biochemistry'', 3a. ed. Worth Publishing: New York, 2000. ISBN 1-57259-153-6.</ref>
 
== Papel na nutrición animal ==
A lisina é un aminoácido esencial limitante para moitas especies animais de importancia zootécnica. Cando se equilibran formulacións de alimentos para gando emprégase o concepto de "aminoácido limitante" para incorporar a cantidade correcta na dieta baseándose no contido de lisina dos distintos alimentos proteicos dispoñibles e o posible emprego de lisina sintética. Isto último é común e moi económico de facer na alimentación dos porcos e outras especies de interese zootécnico. O obxectivo é optimizar o crecemento do gando.
 
No caso da nutrición do gando leiteiro a lisina é tamén limitante xunto coa [[metionina]], pero non se pode empregar lisina sintética directamente debido a que a [[fermentación]] microbiana no [[rume]] a destrúe en grande medida; porén, existen xa produtos comerciais cunha protección química que impide dita degradación, aínda que a rendibilidade económica deses produtos é discutible.
* [http://www.compchemwiki.org/index.php?title=Lysine Computational Chemistry Wiki] en compchemwiki.org
* [http://www.pdrhealth.com/drug_info/nmdrugprofiles/nutsupdrugs/lly_0166.shtml L-Lisina] en PDRhealth.com
 
 
{{Aminoácidos}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Aminoácidos]]
393.002

edicións