Ácido glutárico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 18 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q409622
m Arranxos varios +cda
Liña 4:
O '''ácido glutárico''' ou ácido pentanodioico é un ácido dicarboxílico coa fórmula HO<sub>2</sub>C(CH<sub>2</sub>)<sub>3</sub>CO<sub>2</sub>H. É un ácido de 5 carbonos con dous grupos carboxilo (-COOH) situados nos seus extremos, polo que é un ácido dicarboxílico.
 
Aínda que ácidos dicarboxílicos "lineares" similares como o [[ácido adípico]] e o [[ácido succínico]] son moi pouco solubles en auga a temperaturas moderadas, o ácido glutárico, polo contrario, presenta unha solubilidade en auga de arredor do 50%. Outros datos: masa molar 132,12 g/mol ; punto de fusión de 95 a 98 &nbsp;°C (o máis baixo entre os ácidos dicarboxílicos) ; punto de ebulición 200 &nbsp;°C/20 mmHg.
 
Un [[cetoácido]] derivado seu moi importante no metabolismo é o ácido [[ácido alfa-cetoglutárico|ácido α-cetoglutárico]]. O [[3-hidroxi-3-metilglutaril-CoA]] é un [[tioéster]] que intervén nas rutas de formación de [[corpo cetónico|corpos cetónicos]], [[terpeno]]s e [[esteroide]]s.
 
==Obtención==
O ácido glutárico pode obterse pola apertura do anel da [[butirolactona]] con [[cianuro potásico]], da que se obtén carboxilato potásico-[[nitrilo]], que é [[hidrólise|hidrolizado]] ao ácido glutárico.<ref>G. Paris, L. Berlinguet, R. Gaudry, J. English, Jr. and J. E. Dayan (1963), "Glutaric Acid and Glutaramide", Org. Synth., http://www.orgsyn.org/orgsyn/orgsyn/prepContent.asp?prep=cv4p0496 ; Coll. Vol. 4: 496 </ref> Outra posibilidade é a hidrólise seguida de oxidación do [[dihidropirano]], que dá ácido glutárico. Finalmente, tamén se pode obter facendo reaccionar [[1,3-dibromopropano]] con [[cianuro sódico]] ou [[cianuro potásico]], o que produce dinitrilo, que despois se somete a hidrólise.
 
==Usos==
Liña 21:
==Ligazóns externas==
*[http://www.aim.env.uea.ac.uk/aim/accent2/inputpage.php Calculator: Water and solute activities in aqueous glutaric acid]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Ácidos carboxílicos]]