Butano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios +cda
Liña 1:
[[Ficheiro:N-butane 3D.png|200px|miniatura|dereita|Estrutura molecular do Butano.]]
O '''butano''' (tamén chamado '''n-butano''') é un [[hidrocarburo]] [[composto saturado|saturado]], parafínico ou alifático, inflamable, gasoso que se licúa a presión atmosférica a -0,5 º&nbsp;°C, formado por catro átomos de [[carbono]] e por dez de [[hidróxeno]], cuxa fórmula química é C<sub>4</sub>H<sub>10</sub>. Tamén pode denominarse co mesmo nome a un isómero deste gas: o isobutano ou [[metilpropano]].
 
==Características==
Como é un [[gas]] incoloro e [[inodoro]], na súa elaboración engádeselle un odorizante (xeralmente un [[mercaptano]]) que lle confire un cheiro desagradable. Isto permítelle ser detectado nunha fuga, porque aínda que non é tóxico, pode provocar unha explosión.
 
En caso de extinción dun [[lume]] por gas butano emprégase [[anhídrido carbónico]] (CO<sub>2</sub>), po químico ou néboa de auga para arrefriar e dispersar vapores.
 
O '''butano comercial''' é un gas licuado, obtido por destilación do [[petróleo]], composto principalmente por butano normal (60 %), [[propano]] (9 %), [[Metilpropano|isobutano]] (30 %) e [[etano]] (1 %).
 
==Aplicacións==
A principal aplicación do '''gas butano''' é a de [[combustible]] en fogares para a cociña e [[auga]] quente, e nos [[mecheiro]]s de gas. Non adoita consumirse en grandes cantidades debido ás súas limitacións de transporte e almacenaxe.
 
Non é adecuado para o seu transporte vía [[gasoduto]]s xa que pola súa alta temperatura de licuefacción poderíase condensar nas conducións. De feito elimínanse os restos de butano e [[propano]] do [[gas natural]] por este motivo.
 
O gas butano transpórtase na típica [[bombona de butano]], que é un envase cilíndrico, de paredes de aceiro, de cor laranxa e que contén 12,5 quilogramos de butano. Tamén existen novas bombonas de butano máis lixeiras, fabricadas con outros materiais como o [[aceiro inoxidable]].
 
== Véxase tamén ==
Liña 20:
=== Ligazóns Externas ===
* [http://www.mtas.es/insht/ipcsnspn/nspn0232.htm Instituto nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo de España]: Ficha internacional de seguridade química do butano. {{es}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Compostos químicos]]