Diferenzas entre revisións de «Illa Malden»

m
→‎top: Arranxos varios +cda
(lig ints)
m (→‎top: Arranxos varios +cda)
 
| [[Poboación]] (2009) || Deshabitada
|-
| [[Superficie]] || 39´3  km²
|-
| [[Densidade]] ||
|}
 
A '''Illa Malden''', historicamente chamada tamén '''Illa Independence''', é unha [[illa]] pequena e inhabitada do [[Océano Pacífico]] central. Forma parte das [[Illas da Liña]], pertencentes á República de [[Kiribati]]. É famosa polas súas misteriosas construcións megalíticas: pirámides, plataformas, templos e estradas. Tamén é o lugar da primeira proba nuclear inglesa en [[1957]].
 
Foi descuberta o [[30 de xullo]] de [[1825]] polo capitán inglés George Anson (Lord) Byron, curmán do poeta, mentres estaba repatriando os restos do Rei e a Raíña de [[Hawai]], que morreran de [[sarampelo]] durante a súa visita a [[Londres]]. Byron nomeou a illa en honra do lugarteninente [[Charles Malden]], que a explorou.
 
A illa estaba inhabitada, pero se atoparon unhas construcións megalíticas notables e estrañas. Especulouse moito sobre a súa orixe e as súas funcións, pero ata agora as conclusións arqueolóxicas apuntan a unha orixe polinesia.
 
Durante a primeira metade do século XIX a illa foi visitada en numerosas ocasións por baleeiros norteamericanos. Foi reclamada polos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] co propósito de recoller [[guano]] (segundo o [[Acta de Illas Guaneras]]), pero se adiantaron os británicos, quen a explotaron durante sesenta anos.
 
En [[1957]] Malden foi utilizada polos británicos para facer tres probas termonucleares atmosféricas. Os Estados Unidos continuaron disputando a soberanía aos británicos ata a independencia de Kiribati en [[1979]].
 
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Illas deshabitadas]]
 
[[Categoría:Illas da Liña]]
[[Categoría:Illas deshabitadas]]
[[Categoría:Illas da Liña]]
[[Categoría:Illas do Pacífico|Malden]]
[[Categoría:Illas de Kiribati|Malden]]
393.002

edicións