Illa Clipperton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios +cda
Liña 25:
| [[Poboación]] (2007) || Deshabitada
|-
| [[Superficie]] || 1´7  km²
|-
| [[Densidade]] ||
Liña 36:
|}
 
A '''Illa Clipperton''' ou '''Illa da Paixón''' (''Île da Passion''), é un [[atol]] [[arrecife de coral|coralino]] de 6 [[km²]] localizado no [[Océano Pacífico]] norte, a 1,100  km ao suroeste das costas [[México|mexicanas]]. As súas coordenadas son: 10º18'N, 109º13'W. Está deshabitado.
 
== Características ==
É unha posesión [[Francia|francesa]] administrada desde a [[Polinesia Francesa]] por un alto comisionado da [[República]], a súa defensa é responsabilidade de [[Francia]].
 
A pesar de que 115 especies comerciais foron identificadas nas augas territoriais da illa, o [[atún]] foi a única en ser explotada. Fóra da [[pesca]] a illa non conta con ningún outro recurso natural.
 
Punta Tejupan, en [[Michoacán]], [[México]] é o punto máis próximo a terra firme. Debido á forma anular da illa, a súa lagoa interior atópase pechada desde hai aproximadamente un século. Conta con 8  km de circunferencia e 7  km² de territorio. A auga da lagoa é aceda e atópase estancada. A roca Clipperton é o punto máis elevado con 21 m de altura.
 
== Clima ==
Entre maio e outubro, Clipperton é bañada por un sol ardente que pouco mingua o resto do ano. Constantemente é azoutada por ciclóns e tormentas tropicais, en especial durante a tempada de choivas que vai de xuño a novembro. A súa precipitación pluvial anual é da orde de 5000  mm, cantidade que non se alcanza nin nas selvas húmidas do sueste mexicano.
 
== Vexetación ==
A illa atopábase cuberta por maleza, con algunhas palmeiras. Crese que a maleza da illa desapareceu entre 1858 e 1917. Hipoteticamente, a vexetación da illa foi decimada por unha tormenta tropical e non foi capaz de rexenerarse debido ao gran número de [[cangrexo]]s de terra. Existe un artigo de 1909 da Crónica de San Francisco no cal se especula coa posibilidade de que a vexetación da illa fose arrasada por un [[tsunami]] ocasionado por un [[terremoto]].
 
Logo da introdución de [[porco]]s por parte dos recadadores de [[guano]], a [[flora]] da illa rexenerouse debido ao gusto que estes xeraron polos cangrexos de terra. Durante o período de asentamento, a vexetación da illa multiplicouse coa introdución de especies foráneas, como a palmeira cocoteira, a cal foi introducida no último decenio do século XIX.
 
A única vexetación que existe na súa superficie son as trece palmeiras plantadas polo alemán Gustavo Schultz, encargado da explotación de guano na illa.
 
== Toponimia ==
Liña 60:
 
[[Ficheiro:Clipperton Island.png|miniatura|300px|Illa Clipperton, imaxe da NASA]]
{{ORDENAR:Clipperton}}
 
{{América}}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Clipperton}}
[[Categoría:Illas de Francia|Clipperton]]
[[Categoría:Atois]]