Zemlya Georga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios +cda
Liña 19:
| [[Arquipélago]] || [[Terra de Francisco Xosé]]
|-
| [[Lingua]]s || [[]]
|-
| [[Poboación]] (2010) || Deshabitada
|-
| [[Superficie]] || 2.821  km²
|-
| [[Densidade]] ||
Liña 35:
! colspan="2" | Localización
|- style="text-align: center;"
| colspan="2" | [[Ficheiro:Kara sea ZFJPG.PNG|330px|Localización da illa]]
|- style="background-color: #eee;"
|}
 
A '''Terra de Xurxo''' (ou do príncipe Xurxo) (en [[lingua rusa|ruso]]: Земля Георга, ''Zemlya Georga'') é a maior das illas do arquipélago ártico de [[Terra de Francisco Xosé]], en augas do [[océano Ártico]].
 
Administrativamente, pertence ao [[Óblast de Arjánguelsk]], [[Federación Rusa]].
 
== Xeografía ==
 
Cunha superficie total de 2.821  km², a Terra de Xurxo, ademais da maior illa do arquipélago, é tamén a máis longa, con 115  km entre os seus extremos máis setentrional e meridional. O punto máis alto da illa ten 416 m.
 
A illa ten unha forma bastante irregular, cunha costa complexa, con numerosas baías, enseadas profundas e cabos. A maior parte da illa atópase baixo grandes glaciares. Hai unha gran península no seu extremo norte, ''Poluostrov Armitidzh'', na súa maioría non cuberta por glaciares. O cabo máis occidental desta península é ''Mys Mul'tanovskogo'', máis aló do que se atopa o estreito coñecido como ''Proliv Arkhangelskiy'' entre Terra de Xurxo e [[Terra de Alexandra]]. O estreito coñecido como canle de Cambridge (''Proliv Kambritch'') está situado máis ao suroeste, e é unha continuación do anterior. Entre ambos suman unha lonxitude duns 75  km, cunha anchura de 10-15 10–15 km, bordean por completo a illa polo seu lado noroeste. A canle do ruiseñor(ou canle de Nightingale) (''Proliv Neytingeyl'') está ao leste de Terra de Xurxo, separándoa de [[illa Bruce]].
 
Terra de Xurxo ten tres cabos orientados ao suroeste na súa costa meridional: cabo Neale (o extremo máis occidental da illa), cabo Crowther e cabo Grant. O seu cabo máis oriental coñécese como cabo Murray (''Mys Murray''). Os dous orientados ao norte, ''Mys Bryusa'' e ''Mys Battenberg'' están separados entre si pola baía de Sommerville.
 
=== Illas próximas ===
Ademais da illa Terra de Alexandra, na súa parte noroeste, a illa está próxima a varias illas máis do arquipélago:
 
: * '''illa Arthur''', atópase ao norte do punto máis setentrional, separada dela polo estreito coñecido como ''Proliv Li-Smita''.
Liña 58:
: * '''illa Maybel''' (''Ostrovok Maybel''), outra pequena illa case unida á anterior, tamén no seu parte suroeste, a uns 10,5 km.
 
== Historia ==
 
[[Ficheiro:Georg-Hessen-Darmstadt.jpg |esquerda|miniatura|150px|Príncipe Xurxo de Hesse-Darmstadt, a quen se honrou nomeando a illa.]]
 
Terra de Alexandra foi nomeada pola [[Expedición austro-húngara ao Polo Norte]] en honra ao [[Príncipe de Hesse|príncipe Xurxo de Hesse-Darmstadt]] (1669-1705), que se converteu en ''Generalfeldwachtmeister'' do Exército austríaco en 1694 e o seu ''Fieldmarshal'' desde 1699.
Liña 68:
:*Príncipe Xurxo, en: [http://www.echo-online.de/service/detail.php3?id=315565]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Illas de Rusia]]