Illa de Providencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m Arranxos varios +cda
Liña 25:
| [[Poboación]] (2007) || 5.000 hab.
|-
| [[Superficie]] || 17  km²
|-
| [[Densidade]] ||
Liña 36:
|}
 
A '''Illa de Providencia''' é unha [[illa]] do [[Mar Caribe]] de 17 [[km²]] que pertence ao [[Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina]] e é territorio do municipio de Providencia dentro do departamento.
 
Pertence a [[Colombia]], e pola súa extensión en quilómetros cadrados é a segunda en tamaño do departamento; ten 7  km de longo e 4  km de ancho. Localízase a 90  km ao norte da illa de [[Illa de San Andrés, Colombia|San Andrés]]. A illa foi por moito tempo un lugar tranquilo e non tivo os efectos do turismo. Con todo o incremento do [[turismo]] e en particular do [[turismo ecolóxico]] puxérona na mira do interese dos visitantes. Tanto o [[mergullo]] como o [[esnórquel]] son moi practicados debido aos [[arrecifes de coral]], a riqueza de [[fauna]] e [[flora]] mariña e as augas transparentes.
A '''Illa de Providencia''' é unha [[illa]] do [[Mar Caribe]] de 17 [[km²]] que pertence ao [[Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina]] e é territorio do municipio de Providencia dentro do departamento.
 
Pertence a [[Colombia]], e pola súa extensión en quilómetros cadrados é a segunda en tamaño do departamento; ten 7 km de longo e 4 km de ancho. Localízase a 90 km ao norte da illa de [[Illa de San Andrés, Colombia|San Andrés]]. A illa foi por moito tempo un lugar tranquilo e non tivo os efectos do turismo. Con todo o incremento do [[turismo]] e en particular do [[turismo ecolóxico]] puxérona na mira do interese dos visitantes. Tanto o [[mergullo]] como o [[esnórquel]] son moi practicados debido aos [[arrecifes de coral]], a riqueza de [[fauna]] e [[flora]] mariña e as augas transparentes.
 
== Xeografía ==
[[Ficheiro:2006 01 04 4.JPG|miniatura|dereita|300px|Vista da Baía de Aguamansa]]
 
=== Descrición ===
 
Providencia é unha pequena illa do [[mar Caribe|Caribe]], situada a uns 80 [[km]] ao noroeste da súa irmá San Andrés e a uns 220 de Nicaragua. Xunto a ela atópase outro illote chamado [[Illa Santa Catalina, Colombia|Santa Catalina]] separada por unha canle natural de 150 m de amplitude.
 
Algúns accidentes naturais da illa son:
 
* '''Baías''': Catalina, Aguamansa, Manzanillo, Suroeste e Aguadulce.
Liña 56 ⟶ 55:
=== Ecosistemas ===
 
Providencia contén mostras dos diferentes ecosistemas do arquipélago, como son os [[mangleiral|mangleirais]], as formacións coralinas, as praderías de pastos mariños e unha pequena extensión de bosque seco tropical.
 
=== Xeoloxía ===
 
Chan rochoso de orixe volcánico. A illa está cruzada por un cordal orientado de norte a sur, cuxa altura máxima alcanza os 360 metros e é denominado O Pico (The Peak) onde nacen a maioría de fontes de auga doce, vitais para o municipio.
 
=== Hidroloxía ===
 
Providencia é a única illa dentro do Arquipélago que posúe fontes de auga permanentes ou intermitentes, dependendo da época do ano. Moitas destas correntes nacen na chamada Serranía Central e a súa lonxitude non supera o quilómetro e medio.
 
== Parque nacional natural ==
 
O parque ''Old Providence McBean Lagoon'' sitúase ao nordés da illa, ten unha extensión de 995 hectáreas, das cales 905 son área mariña. Consta dun arrecife coralino protexido, unha zona de mangleiral, a lagoa de McBean e os caios dos Tres Irmáns e Cangrexo.
 
O parque é na actualidade a única zona protexida a nivel nacional no caribe oceánico colombiano. Posúe o arrecife de coral máis extenso de Colombia, cun total de 32 [[km]] de longo. Debido ao carácter especial de McBean Lagoon e do arrecife adxacente, foi declarado parque en [[1995]] e pasou a formar parte da ''Reserva de Biósfera "Seaflower"'' desde [[2000]] e das ''Áreas Protexidas do Arquipélago'' desde [[2004]]. Old Providence ademais foi creado co propósito de deter a urbanización acelerada que plneaba destruír gran parte do mangleiral.
 
== Vida silvestre ==
Liña 76 ⟶ 75:
=== Vexetación e flora ===
 
Os [[mangleiros]] son árbores de diferentes especies que se adaptaron a vivir en zonas costeiras con influencia mariña e xogan un papel importante como lugares de reprodución e cría de numerosas especies de peixes, crustáceos e moluscos. En Providencia abundan as seguintes especies de mangleiros: ''Rhizophora brevistyla'', ''Laguncularia racemosa'' e ''Pelliciera rhizophorae''.
 
En Providencia a vexetación dominante é o bosque seco tropical, onde abunda o Cock-spur ''(Acacia collinsii e acacia cornigera)'', o chaparro ''([[Byrsonima crassifolia]])'', o resbalamano ''([[Bursera simaruba]])'' e a oliveira ''([[Capparis]])'', ademais de contar con algunhas árbores de mango. Tamén se encontran diversas palmas, entre elas a pactá ''([[Coccothrinax]] jamaicensis )'', endémica da zona.
 
Nos caios predominan as palmeiras cocoteiras, [[ficus]] e as matogueiras de icaco, que serven de niño para as aves [[Fregata magnificens|fragata]]. A vexetación mariña ao redor dos caios é variada, e conta con tres especies de algas e dúas de pastos mariños.
 
=== Fauna ===
 
Debido ao carácter insular e oceánico, a fauna terrestre é limitada e presenta un alto grao de [[endemismo]]. Atopáronse unha soa especie de ra ''([[Leptodactylus]] insularis)'' así como unha de tartaruga terrestre ''([[Geochelone carbonaria]])''. Reportáronse ademais 2 especies de serpes ''([[Boa constrictor imperator]] e Leptotyphlops magnamaculata)'', 6 de saurios, 10 de aves, 4 de tartarugas mariñas e algunhas poucas de mamíferos.
 
== Historia ==
{{Artigo principal|Historia do Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina}}
 
Os primeiros desembarcos puideron ser entre [[1498]] e [[1502]] por parte de corsarios holandeses, ingleses, españois e posteriormente de xamaicanos. Os primeiros africanos foron traídos á illa a mediados do século XVII para traballar en cultivos de tabaco e algodón que serían a principal economía da illa nos tempos sucesivos.
En 1629 construíuse o primeiro asentamento da illa á que chamaron New Westminster ou Nova Westminster no que hoxe é Old Town que se localiza ao Sur da Capital Santa Isabel.
 
== Municipio de Providencia e Santa Catalina ==
[[Ficheiro:San Andrés, Providencia y Santa Catalina.png|miniatura|dereita|300px|Localización dos centros poboados de San Andrés e Providencia, Colombia]]
 
Fundado durante o século XVIII alcanza o seu status como municipio só en [[1952]]. Este atópase formado polas Illas de Providencia e Santa Catalina a unha altura de 12 metros sobre o nivel do mar, cunha temperatura media de 26 graos centígrados, con aprox. 5.000 habitantes e 18 [[km²]] de extensión en total.
 
=== Demografía ===
 
Cambios radicais a través de toda a súa historia precolombina: Segundo estudos do Instituto de Xenética Humana da Universidade Javeriana Aspectos demográficos; MENDOZA, Roberto, Ignacio M. Zarante e Gustavo Valbuena, Instituto de Xenética Humana, Universidade Javeriana, Bogotá, (data por definir), o seguinte é o censo segundo o [[Departamento Administrativo Nacional de Estatística]], DANE (Cabrera, 1980, DANE 1993): a idade media é de 30 anos, nunha poboación total de 3.836 persoas en todo o municipio. A raza predominante é a afroantillana.
 
=== Constitución urbana ===
 
A cabeceira municipal atópase no sector de Santa Isabel. Outros sectores son Puebloviejo, Buenavista, Aguadulce, Aguamansa, Sur Oeste, Casa Baja, Punta Rocosa, A Montaña, Pueblo Libre, San Felipe. As comunicacións entre os diferentes sectores dáse a través da estrada única (circunvalar) que bordea todo o litoral da illa.
 
=== Economía ===
 
Agricultura, gandería, pesca e [[ecoturismo]] (este último requirido por visitantes nacionais, especialmente do interior do país, de Centroamérica e o Caribe). A produción municipal é levada á capital do departamento ([[San Andrés, Colombia|San Andrés]]).
 
=== Festas ===
Liña 113 ⟶ 112:
Entroido da Vella Providencia e Festas de Nadal.
]]
 
[[fi:Isla de Providencia]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Illas do Caribe|Providencia]]
[[Categoría:Illas de Colombia|Providencia]]
 
[[fi:Isla de Providencia]]