Illa de Lobos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios +cda
Liña 27:
| pé_imaxe = Vista de satélite
}}
A '''Illa de Lobos''' é un illote do [[Océano Atlántico]], ao norte de [[Fuerteventura]]. Politicamente pertence ao municipio de [[La Oliva]], na [[provincia das Palmas]], [[Illas Canarias]], [[España]].
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Isla de Lobos.jpeg|220px|esquerda|miniatura|Vista da illa]]
[[Ficheiro:Lobos Island Playa de la Concha.jpg|miniatura|220px|esquerda|Praia da Concha na Illa de Lobos]]
Trátase dun pequeno illote duns 4,5  km² situado ao nordés de Fuerteventura. O brazo de mar que os separa denomínase [[El Río (Fuerteventura)|El Río]], no [[Estreito da Bocaina]], cuxa profundidade non excede dos 10 metros. A illa pode ser vista con claridade desde [[Corralejo, La Oliva|Corralejo]].
 
O seu nome débese a que no pasado habitaban na illa [[Lobo mariño|lobos mariños]], tamén coñecidos como [[monachus monachus|focas monxe]], agora en perigo de extinción. Os pescadores eliminaron a especie, xa que pensaban que a súa voracidade reducía os recursos mariños da zona. Cada un destes animais necesita entre 30 e 40  kg de peixe ao día. Estanse realizando esforzos de reintrodución dos lobos mariños, a pesar da negativa dos pescadores.
 
Forma parte do [[Parque Natural das Dunas de Corralejo e Illa de Lobos]]. Alberga máis de 130 especies vexetais e varias especies de aves, destacando a [[gaivota arxéntea]] e a [[pardela cincenta]]. Os fondos mariños son área de reserva submarina e conteñen unha gran riqueza ecolóxica.
 
A súa máxima altura atópase na Caldera, de 127 m.
Liña 42:
== Poboación e turismo ==
 
O illote estivo habitado ata 1968 por un fareiro, Antonio Hernández Páez (Antoñito o Fareiro), e a súa familia. O faro foi restaurado e hoxe día funciona automaticamente.
 
Actualmente os visitantes do illote son pescadores, turistas, bañistas e mergulladores. Existe un servizo regular de transporte marítimo que enlaza con [[Corralejo, La Oliva|Corralejo]]. Hai un restaurante dirixido polos descendentes de Antoñito, así como unha zona de [[acampada]].
Liña 49:
 
{{Illas e provincias das Illas Canarias}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Illas das Canarias|Lobos]]