Loita canaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:Deportes mediante HotCat
m Arranxos varios +cda
Liña 12:
Anteriores á conquista, os aborixes das distintas illas non tiñan practicamente contacto entre si, e este tipo de loita estendíase polas diferentes illas. Xa que logo, a loita debeu xurdir primeiro no continente e máis tarde produciuse a chegada dos poboadores. Sábese que no norte de [[África]] existen loitas similares, que puidesen emparentarse coa loita que os antigos canarios practicaban en [[Canarias]]. É un dos legados máis importantes que, desde o pobo aborixe das illas, chegou ata os nosos días. Cronistas e escribáns da conquista de Canarias pola [[Coroa de Castela]] falan da loita como unha das características máis destacadas da poboación autóctona.
 
Frei Espinosa, un dos primeiros historiadores que estivo en [[Tenerife]] cando a cultura guanche permanecía aínda case intacta, constata a existencia da loita aborixe.
 
Os especialistas e historiadores da loita canaria dividiron a súa evolución en tres etapas:
 
* '''Época histórica''': É a primeira época. Do cronista Alvar García de Santa María no ano [[1420]] é do que se obtiveron as primeiras referencias coñecidas sobre este deporte. Xa se utilizan algunhas das técnicas que hoxe se seguen utilizando e aparece a figura dos xuíces ou ''homes de honra''.
 
* '''Época folclórica''': Coa chegada da [[Ilustración]] este deporte quedou exclusivamente relegado ao ámbito das celebracións e actos populares ou festivos. Ata nalgunhas publicacións da época consideráballa vulgar e anacrónica. Debido á guerra con [[Cuba]] moitos canarios emigraron a [[América]] e levaron a esas terras este deporte, sendo [[Arxentina]] e [[Cuba]] os países onde máis acollida tiveron e celebráronse bastantes combates. Nesta época, polo ano [[1872]], redactouse o primeiro regulamento polo que converte a este deporte a un dos máis antigos regulamentados.
 
* '''Época institucional''': Nos anos 40 do [[século XX]] comézase a regulamentar o deporte e créanse as primeiras federacións provinciais, ao principio dependentes da Federación Española de Loita e xa en [[1984]] creouse a actual federación, que esta dividida en insular ou rexional en Canarias.
 
Liña 42 ⟶ 40:
*[http://www.federaciondeluchacanaria.com/ Sitio oficial da Federación de Loita Canaria] {{es}}
*[http://www.guanche.org/ (www.guanche.org) Sitio oficial de Guanche, con múltiples apartados e galería con miles de fotos.]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Deporte nas Canarias]]