Baía de Alxeciras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Baías mediante HotCat
m Arranxos varios +cda
Liña 1:
{{coord|36|7|51.91|N|5|23|45.63|W|region:GI_type:waterbody|display=title}}
[[Ficheiro:Bahía de Algeciras - ic Landsat.jpg|thumb|260px|Vista por satélite da baía.]]
A '''Baía de Alxeciras''' é unha [[baía]] situada no sur da [[península Ibérica]], no [[estreito de Xibraltar]], pechada ao leste pola península homónima, onde se acha a [[Rocha de Xibraltar]]. Ten uns 10  km de longo por uns 8 de ancho, o que se traduce nunha superficie de 7500 hectáreas, con profundidades de ata 400 m no centro da baía.
 
As súas ribeiras pertencen, de oeste a leste e en sentido horario, aos municipios de [[Alxeciras]], [[Los Barrios]], [[San Roque, Cádiz|San Roque]] e [[La Línea de la Concepción]] (na provincia española de [[provincia de Cádiz|Cádiz]]), e ao [[Territorio Británico de Ultramar]] de [[Xibraltar]].
 
[[Ficheiro:Bahía Algeciras.jpg|thumb|left|220px|Mapa do [[século XVIII]].]]
Nas súas beiras atópanse dous activos portos, o de Xibraltar e o de Alxeciras (o cal, co nome de [[Porto Baía de Alxeciras|Baía de Alxeciras]], ocupa a práctica totalidade da ribeira española).
 
Dous faros sinalizan a entrada á baía, o de [[Punta de Europa]], en Xibraltar, ao leste, e o de [[Punta Carnero]], na costa alxecireña, ao oeste.
 
== Polémicas ==
A baía de Alxeciras é escenario continuo de protestas de grupos ecoloxistas, os cales denuncian especialmente o denominado ''bunkering''. Esta actividade consiste no traspaso de petróleo ou derivados deste dun barco a outro no mar. Producíronse nos últimos anos accidentes de gabarras destinadas a esta actividade, especialmente con destino a Xibraltar, que se traduciron en verteduras de fuel e outros derivados.
 
Aproximadamente transvásanse 5 millóns de toneladas de fuel mariño cada ano. Estes transvasamentos lévanos a cabo sobre todo tres compañías con base en Xibraltar.
 
Tamén xurdiu polémica a presenza de barcos cazatesouros na Baía durante o ano [[2007]] que, segundo as autoridades españolas puideron espoliar sitios arqueolóxicos subacuáticos de importancia.
Liña 19:
== Véxase tamén ==
* [[Campo de Xibraltar]]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Golfos e baías de España|Alxeciras]]