Seavia, Coristanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: contaba con → tiña
Sen resumo de edición
Liña 7:
|concello = Coristanco
|provincia=|superficie = 24
|poboación = 841833
|ano = 20132016
|entidades = 17
}}
'''San Mamede de Seavia''' é unha parroquia que se localiza no leste do concello [[Provincia da Coruña|coruñés]] de [[Coristanco]] na [[comarca de Bergantiños]]. Segundo o [[IGE]] en [[20132016|20142017]] tiña 841833 habitantes (420423 mulleres e 421410 homes) distribuídos en 1317 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 1.069 habitantes.
==Toponimia==
 
Seavia: parece ser de orixe celta a partir dun antigo "Senavia" que puido ser nun principio "Senabriga" ("a fortaleza vella"); de ser certa esta suposición a palabra Seavia viría a ser "o río(avia) vello(seno)".
Arixón sería o nome dun posesor latifundista da Idade Media e semella o resto dun antigo xenitivo en -oni.
Amboade agocha un xenitivo involati que, a partir do lexema latino "(villa) Involati", daría o actual topónimo.
Algo similar sucede con Segufe procedente dunha granxa ou explotación agrícola de Segulfus "(villa) Segulfiti".
O mesmo pode dicirse de Buxán que viría doutro profesor "Busianus".
Cerqueirás, Freixeiro, Nogueira e As Salgueiras farían referencia á presenza de carballos cerqueiros,freixos, nogueiras e salgueiros, respectivamente.
A Rabadeira parece querer indicar unha ribeira ou encosta dun río ou regato.
Mira pode vir da raíz prerromana "mir" co significado de auga, río.
O Rodeiro viría sendo un cume redondeado e chan.
==Patrimonio==
A igrexa de San Mamede de Seavia conserva restos medievais, como os [[canzorro]]s románicos do beiril dos muros laterais e un dos antigos [[rosetón]]s.
Da época megalítica no ''Inventario de un patrimonio'' figuran tres mámoas; unha delas no Monte Campelo e as outras dúas na Chousa de Oca, na Rabadeira. Completarían este Inventario a capela de santa Ana, a capela de san Roque, as torres de Nogueira, a casa reitoral, o pazo de Arixón no Rodeiro e a fonte de san Mamede.
A maiores, os bens incluídos no PXOM serían: a capela do Rosario(nas Salgueiras), dous cruceiros(Seavia e a Rabadeira), a escola de Seavia, catro hórreos(Nogueira, Marquiño, O Rodeiro e Nogueira) e dúas casas con cubertos e hórreo en Amboade.
 
No lugar de [[Nogueira, Seavia, Coristanco|Nogueira]] érguese a [[Torre de Nogueira]] de planta rectangular, resto dun antigo pazo, con escudos de Moscoso e Bermúdez e entre os lugares de Arixón e O Rodeiro está o Pazo dos Rodríguez-Arixón.