Diferenzas entre revisións de «Lingua castelá»

sen resumo de edición
 
==== Asia ====
En [[Filipinas]], antiga colonia española, o castelán foi oficial entre [[1571]] e [[1987]], se ben desde 1973 fora perdendo moito peso representativo a nivel oficial. A proclamación presidencial/155 de 15 de marzo de 1973 aínda en vigor, declara o castelán como lingua oficial de Filipinas para todos aqueles documentos da época colonial non traducidos á lingua nacional. Trala [[Guerra Hispano-Estadounidense]] Filipinas pasou a ser colonia dos EUA a partir de [[1899]]. Desde entón, debido á intervención estadounidense, as autoridades seguiron unha política de deshispanización do país e imposición do inglés. Despois da [[Guerra filipino-estadounidense]], reduciuse a burguesía urbana castelanfalante, e trala [[Segunda Guerra Mundial]] en [[1945]], practicamente aniquilouse os restos da burguesía española tralo bombardeo de Intramuros en [[Manila]]. Calcúlase que en [[1907]] aproximadamente un 70 % da poboación filipina era quen de falar castelán, se ben só o 10 % como lingua materna. En [[1950]] pasou a ser o 6 %<ref>[http://www.elcastellano.org/filipinas.html Filipinas], en ''El Castellano'' {{es}}.</ref>, e na actualidade é menos do 0,5 %<ref>[http://www.realinstitutoelcano.org/wps/portal/rielcano_eng/Content?WCM_GLOBAL_CONTEXT=/elcano/elcano_in/zonas_in/spanish+language+culture/ari27-2009 "New Prospects for the Spanish Language in the Philippines (ARI)"], artigo de [[Rafael Rodríguez-Ponga]] na web do Real Instituto Elcano, 26 de febreiro de 2009 {{en}}.</ref>. Tamén sobreviven linguas crioulas de base castelá, como o [[chabacanochavacano]] ou o [[zamboangueño]].
 
En [[Israel]] existe unha importante comunidade [[sefardí]] duns 100.000 falantes de xudeocastelán<ref>[http://eprints.ucm.es/8936/1/DT03-06.pdf Demografía de la lengua española (pág. 35)] {{es}}.</ref>.
226.373

edicións