Núcleo atómico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Stylised_Lithium_Atom.png" por "[[commons:File:Stylised_atom_with_three_Bohr_model_orbits_and_stylised_nucleus.png|Stylised_atom_with_three_Bohr_model_orbits_and_stylised_nucleus.png
Agremon (conversa | contribucións)
aumento, adaptando dende a es.wikipedia con precisións.
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Núcleo}}
[[Ficheiro:Stylised atom with three Bohr model orbits and stylised nucleus.png|miniatura|Modelo dun átomo co nucleo atómico no centre, e os electróns orbitando ao seu redor]]
O '''núcleo atómico''' é a parte central do [[átomo]] que contén a maiormaiorfórmula parte da [[materia]] que o forma, pero que -aínda así- ocupa un volume comparativamente moi pequeno. Está formado por [[barión]]s, concretamente por [[protón]]s e [[neutrón]]s, en número variable, pero sempre máis neutróns que protóns. Son unha excepción o núcleo do [[hidróxeno]] ordinario (formado por un único protón) e os dos átomos máis lixeiros, en que o número de protóns e o de neutróns adoita ser igual. O número de protóns denomínase [[número atómico]] e é o parámetro que determina a que [[elemento químico]] corresponde o [[átomo]]. O número de neutróns de [[átomo]]s do mesmo elemento pode ser variable: os núcleos co mesmo [[número atómico]], pero diferente número de neutróns, denomínanse [[isótopo]]s.
 
A forza que mantén unidos os barións que forman o núcleo atómico, os cales se denomina [[nucleón]]s, é a [[forza nuclear forte]].
Liña 7:
Algúns átomos descompóñense espontaneamente mediante procesos [[radioactividade|radioactivos]] que consisten na emisión de [[electrón]]s ([[Emisión beta|raios beta]]) ou núcleos de [[helio]] ([[partícula alfa|raios alfa]]) altamente enerxéticos. Algúns núcleos son extremadamente estables, a cambio doutros que se descompoñen moi rapidamente. A estabilidade dun núcleo atómico depende do número total de [[nucleón]]s (os elemento de número atómico superior ao do [[chumbo]] son todos radioactivos e o chumbo e os que teñen un número atómico inferior non o adoitan ser) e tamén da proporción entre o número de protóns e neutróns: por isto nun mesmo elemento, diferentes [[isótopo]]s poden ter unha [[vida mediana]] diferente.
 
== Descrición do núcleo ==
[[Categoría:Química]]
 
=== Forma e tamaño ===
Os núcleos atómicos son moito máis pequenos que os átomos (diámetro entre 10000 e 100 000 veces máis pequeno). Conteñen máis do 99% da masa atómica, o que fai que a densidade nuclear sexa trillóns de veces maior que a densidade atómica. Os núcleos atómicos teñen estrutura interna. Por exemplo, os neutróns e protóns móvense uns en relación ós outros, a modo de sistema orbital, o que se manifesta pola existencia do [[momento magnético nuclear]].
 
A grandes rasgos, os experimentos revelan que o núcleo parécese moito a unha esfera ou elipsoide compacto duns 10<sup>-15</sup> m (= 1 [[Femtómetro|fm]]), no que a densidade pode considerase constante. O raio varía segundo o número de protóns e neutróns, sendo maiores os núcleos máis pesados e con máis partículas. A seguinte expresión da o raio do núcleo en función do número de nucleóns ''A'':
{{ecuación|
<math>R_n = r_0 A^\frac{1}{3}</math>
||left}}
Onde <math>r_0 \approx 10^{-15}\mbox{ m}</math>
[[ficheiro:Nuclear dens.png|350px|right|thumb|Densidade de carga eléctrica no núcleo atómico en función da distancia ó centro.]]
A densidade de carga eléctrica do núcleo é aproximadamente constante ata a distancia <math>\scriptstyle R_n</math> que marca o espazo ocupado polo núcleo, caendo de xeito brusco fóra del, en base ó parámetro <math>\scriptstyle a</math> en acordo coa relación:
{{ecuación|
<math>\rho(r) = \frac{\rho_0}{1+\exp \left( \frac{r-R_n}{0,228 a} \right) } </math>
||left}}
Onde ''r'' é a distancia radial ó centro do núcleo atómico.
 
As aproximaciónes anteriores están feitas para núcleos esféricos, mesmo aínda que a maioría de núcleos non parecen ser esféricos, como o revela que teña [[cuadrupolo|momento cuadrupolar]] diferente de cero. Este momento cuadrupolar maniféstase na estrutura hiperfina dos [[espectro de absorción|espectros atómicos]] e fai que o campo eléctrico do núcleo non sexa un [[Lei de Coulomb|campo coulombiano]] con [[simetría esférica]].
 
[[Categoría:Química]] [[Categoría:Física]]