Diferenzas entre revisións de «Francisco Vázquez Díaz»

m
+ imaxe
m (+ imaxe)
m (+ imaxe)
[[Ficheiro:Francisco Vázquez Díaz Compostela A Pepe 1933.jpg|miniatura|200px250px|Compostela esculpindo "Mariñeiroso debusto "A BouzasPepe", retrato en ''[[Vida Gallega]]'', 1933.]]
'''Francisco Vázquez Díaz''', coñecido como '''Compostela''', nado en [[Santiago de Compostela]] en [[1898]] e finado en [[San Juan de Puerto Rico]] o [[21 de febreiro]] de [[1988]], foi un escultor galego.
 
A [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] sorprendeuno en París. Foi o escultor oficial do Quinto Rexemento durante a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]] e autor de bustos de Rafael Alberti, José de Diego e Luis Muñoz Rivera. Ao comezo da [[II Guerra Mundial]] foi detido nun campo de concentración no sur de Francia. De alí puido emigrar a [[República Dominicana]] en decembro de [[1939]]. En outubro de [[1940]] viaxou a [[Porto Rico]], invitado polo reitor da universidade, Juan B. Soto, para realizar demostracións de talla directa en madeira e expor as súas esculturas. Estableceuse en [[San Juan de Puerto Rico]] e casou coa profesora Margot Arce en 1942. Desenvolveu un labor pedagóxico no Instituto de Cultura Portorriqueña como director dos talleres de escultura ata a súa xubilación en 1968.
 
[[Ficheiro:Francisco Vázquez Díaz Compostela 1933.jpg|miniatura|200px|Compostela esculpindo "Mariñeiros de Bouzas", 1933.]]
A súa obra é, en parte, unha homenaxe á patria adoptiva. Tamén fixo algúns monumentos en pedra destinados a honrar a memoria de personaxes distinguidos: o poeta P. H. Hernández, o actor cómico Diplo e o soldado García Ledesma. Conseguiu sona a través das representacións de temática animalística (Crocodilo, Foca, Camelos, Cebú, Monos...) e especialmente coa serie de pingüíns humanizados e satíricos (Pingüín académico, Pingüín mona, Pingüín abade...), feitos en madeira e cos que fixo unha crítica divertida a diversos personaxes, entre eles, algúns da sociedade galega.
 
92.702

edicións