Lar Gallego de Caracas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Venezuela mediante HotCat
ligazóns
Liña 3:
{{ortografía}}
{{orfo}}
O Lar Gallego de Caracas, autorizado a funcionar o día 9 de febreiro e inaugurado en Venezuela o 15 de outubro 1945, foi unha das principais asociacións de galegos na emigración durante a etapa do [[Franquismo]]. Lonxe dos seus fogares, os inmigrantes tentaron organizarse en diferentes grupos e asociacións, mais debido ao carácter político da maior parte delas, as autoridades puxéronlles trabas para que lograran facelo legalmente debido á prohibición polas leis venezolanas de asociacións políticas de estranxeiros con carácter político, aínda que posteriormente foron autorizando a creación de varias asociacións.
 
== Historia ==
 
=== Lar Gallego ===
A idea de fundación deste centro xurdiu por mor da visita do secretario xeral do [[Centro Gallego de Buenos Aires|Centro Gallego de Bos Aires]], Rodolfo Prado, a Caracas. Este, plantexou a idea a un grupo de galegos residentes na cidade, os cales tras diversas reunións acordaron a creación do mesmo.
 
O Lar Gallego foi o segundo centro de exiliados autorizado polo Ministerio do Interior venezolano despois do [[Centro Vasco de Caracas]] (Eusko Etxea). Foi autorizado a funcionar o 9 de febreiro de 1945. Ao estar formado por exiliados simpatizantes da lexitimidade democrática da República española, o Lar rompe relacións coa representación diplomática do goberno fascista de España en Venezuela, adoptando como símbolos de identidade a bandeira galega e a republicana. A principal labor do Lar era a concienciación antifranquista, aínda que non só se reducía aos emigrantes galegos.
 
Finalmente, no mesmo ano, o Lar Gallego foi fundado e inaugurado o 15 de outubro. A súa sede fundacional ocupou un local entre as esquinas de Manduca e Ferrenquín, nas proximidades da Praza da Candelaria. Posteriormente trasladaríase a outro local na mesma rúa e, finalmente, volverían a mudar de enderezo ao que sería o definitivo, situado na 3ª Avenida de las Delicias, n.º 8, en Las Acacias.
Liña 17:
 
Na constitución do Lar Gallego participaron vinteoito persoas, que decidiron quen ocuparían os cargos da primeira directiva, finalmente formada por:
* Presidente: [[José María Mosqueira Manso|José Mosqueira Manso]]
* Vicepresidente: Silvio Santiago
* Secretario: Díaz Villamil
Liña 26:
Ao longo da historia desta organización podemos observar varios momento de crise que derivaron na separación desta, dividíndose en novas asociacións, algunhas das cales volveron a acordar a súa unión tempo despois.
 
A escisión do Lar Galego nomeouse [[Centro Galego de Caracas]] (1948), do cal á súa vez xurdiu unha nova escisión: a [[Casa de Galicia]] (1956), que tivo unha vida moi corta.
 
=== Da reunificación en adiante ===
Liña 35:
Debido á necesidade de crear unha asociación forte para aglutinar a todos os galegos emigrados, os dirixentes do Lar Gallego, do Centro Gallego e da Casa de Galicia lograron comezar a negociar ata formalizar a súa unión nunha reunión. Nela participaron representantes dos grupos anteriormente mencionados, que tamén invitaron á Asociación Civil de Amigos de Santiago, mais declinaron a oferta e continuaron a funcionar de forma independente.
 
O 10 de maio de 1960 os directivos das tres asociacións reuníronse nun cine da Candelaria e decidiron formalizar a unión, estabelecendo como data de inauguración da nova sociedade o día 12 de outubro do mesmo ano. Ese día celebrouse unha Asemblea Xeral na sede do Centro Gallego, no Paraiso, onde se aprobaron os novos estatutos ante a presenza duns 150 socios. A nova asociación nomeouse como [[Hermandad Gallega de Venezuela]], cuxa dirección queda constituída pola directiva das tres entidades ata o 25 de xullo de 1961, data na que se convocan eleccións. Ángel Feijoo Fernández foi elixido como o primeiro presidente da entidade, que contaba con 800 socios nominais ou fundadores.
 
As finalidades da nova asociación foron fundamentalmente de tres tipos:
Liña 41:
* Asistenciais: creación de servizos médico-asistenciais, de previsión e axuda para os socios e os galegos en xeral.
* Deportivo-recreativos: fomentar e desenvolver actividades deportivas e recreativas entre os asociados.
A Hermandade[[Hermandad Gallega de Venezuela|Hermandade Gallega de Venezuela]], ademais das actividades mencionadas, posúe bares e restaurantes, instalacións deportivas (fútbol sala, baloncesto, tenis, frontón, piscina etc.), un grupo folclórico, de teatro, un coro, e mais o Colexio Castelao (que existe desde 1965 e imparte ensinanza primaria a 450 nenos).
 
Aínda que coa fusión non se solucionaron por completo os problemas entre os diferentes sectores da colonia galega, a partir dese momento a Hermandad Gallega de Venezuela foi crecendo en número de socios e aumentando o seu patrimonio ata conseguir ser a asociación sen ánimo de lucro máis importante do país, e nun dos centros galegos máis importantes do mundo.
 
== Escisións ==
O [[Centro Galego de Caracas]] foi fundado en 1948 por mor da escisión dun grupo de socios do Lar Galego en desacordo coa liña política seguida pola sociedade. Este grupo estaba liderado por [[Silvio Santiago]].
 
[[Eduardo Meilán]], directivo do Lar, viviu directamente estes feitos:
 
“Silvio Santiago foi un dos líderes do Lar Galego, xunto con Manuel Gallego… Aínda que sendo ambos os dous republicanos, dalgún xeito trouxeran para o exilio os problemas da guerra española, xa que, ata onde eu sei, durante a guerra os da [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]] non simpatizaban moito cos do Partido Comunista, pois aquí seguían nas mesmas. Isto é, aínda no exilio cando debían estar unidos había esas diferencias”.
 
Silvio Santiago foi un personaxe moi controvertido debido ao seu carácter autoritario e aos seus desexos de notoriedade. Aínda así, participou na fundación das tres primeiras asociacións galegas de Venezuela e tivo unha importante influencia sobre a colonia galega.
Liña 66:
Unha das principais funcións desta asociación era o desenrolo de actividades culturais tales como:
* Publicación dun boletín mensual. Neste non só se recollían noticias relativas á sociedade  e comunidade galega en Venezuela, tamén se informaba sobre temas da actualidade e da cultura galegas a través  da colaboración de escritores desde Galicia.
* Programa de radio dominical chamado “La voz de Galicia, La Voz de la Emigración” emitido a través de Radio Rumbos e dirixido por [[José Velo Mosquera]].
* Coro "Curros Enriquez".
* Periodicamente organizaban ciclos de conferencias e charlas culturais. A partir do ano 1951 celebraban no aniversario da morte de [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]] un homenaxe na súa honra.
* Tamén financiaban academias de carácter gratuíto para socios.
* Relativo aos deportes tiñan equipos de fútbol, baloncesto e hóckey (todos eles co nome de “Celta del Lar Gallego”).
Liña 75:
 
== Lar Gallego en Galiza ==
As autoridades franquistas e varios galegos coñecidos da comunidade opoñíanse directamente ao Lar e ás súas actividades. A idea para calar as campañas difamatorias contra o Lar foi sinxela: a designación de correspondentes-representantes na Galiza. Un dos representantes oficiais do Lar Gallego en Vigo sería XoVán[[Xoán Noya]], acompañado por [[Celso Emilio Ferreiro]], Julio Siguenza, [[Antón Beiras García|Antón Beiras]], Juan Naya e Carré Alvarellos durante os anos 1954 e 1955.
 
== Bibliografía ==