Diferenzas entre revisións de «Orquestra Mallo»

m
→‎Historia: arranxiño
m (→‎Músicos releventes: Bot: Arranxos varios)
m (→‎Historia: arranxiño)
Dende que Antonio Mallo a fundou, o signo de identificación da orquestra é o acordeón. A testemuña dista tradición musical, que na familia Mallo data do século XIX, foi seguida polo seu sucesor e sobriño, [[Juan Mallo]], que continúa na actualidade dando vida ós antigos costumes acordeonísticos da orquestra. A primeira formación da orquestra Mallo no ano 1930 contou cun dos vocalistas máis famosos da época, [[Pucho Portela]], un saxo, un trompeta e o pianista ferrolano Cerdeiriña, premiado polo Conservatorio de París. Dende este intre a Orquesta Mallo comeza a frecuentar diversas salas e cafés-teatro da época chegando a inaugurar a Sala de festas “O Seixal” (agora xa pechada), unha das pistas máis modernas da vida social coruñesa naqueles tempos.
 
No ano [[1936]] a Orquestra Mallo cesa temporalmente a súa actividade musical por mor da [[Guerraguerra Civilcivil Españolaespañola]], ata que no ano [[1940]] volve a organizarse, nesa ocasión con Antonio Mallo como líder, Virgilio, José Illañez, Arturo Goncerlián e Pucho Portela de violinista. Nesta etapa actuarán por toda España nos cafés-teatros en Bilbao, Barcelona, Toledo, León e na propia Galiza. Na década dos 50, Antonio Mallo e a súa orquestra reúnen por primeira vez aos tres irmáns: Antonio Mallo, Juan e Daniel Mallo. Formará tamén parte da Orquestra Mallo [[Pucho Boedo]], antes de que este formase parte da orquestra [[Los Satélites]], Os Trovadores e chegase a súa fama co grupo vocal [[Os Tamara]]. Comeza así a época dorada da orquesta de Antonio Mallo. Durante os anos [[1960]], [[1961]] e [[1962]] continúan os tres acordeonistas levantando o fervor popular, e fanse famosas as súas actuacións no Kiosko Afonso da Coruña e en diversas vilas e salas de Galiza. Crease a primeira [[Big Band]] á americana con catorce músicos: tres acordeonistas, unha sección de metal de oito compoñentes, repartida en catro saxofonistas, tres trompetistas, un trombonista, e dos membros na parte rítmica, cun contrabaxista, un batería e unha voz solista á fronte. En [[1963]], morre en accidente de caza, Juan Mallo, o mediano dos irmáns Mallo. Dende [[1964]] ata [[1969]] continúan as actuacións e incorpóranse as voces solistas de Pepe e Raimundo Pita.
 
Na década dos setenta un dos hoteis máis importantes da cidade da Coruña, o Finisterre, solicita os servizos da Orquestra Mallo e no [[1973]], xubílase unha das voces míticas da orquesta Mallo, Raimundo Pita, que permaneceu na orquestra durante vinte anos. No [[1974]] as voces deixaron unha pegada na Orquesta Mallo, Raimundo Pita e Melchor Rodó. Este último que foi ademais gañador na 1982 do concurso nacional “Gente Joven” da [[TVE]], sendo gañadora nese mesmo ano Maria del Monte. Tras 45 anos de dirección musical xubílase Antonio Mallo e continúa coa dirección da orquestra Daniel Mallo, incorporando como pianista ao seu fillo Juan. Na década dos oitenta continúan as actuacións e o éxito da Orquesta Mallo.
109.150

edicións