Theodor Poesche: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: Arranxos varios using AWB
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 1:
'''Theodor Poesche''', nado en [[1824]] en [[Zoeschen]], preto de [[Merseburg]] ([[Saxonia-Anhalt]]) e mortofinado o [[27 de decembro]] de [[1899]] en [[Washington, DC|Washington]]<ref>Ver Anton Bettelheim, '' Biographisches Jahrbuch und deutscher Nekrolog'', G. Reimer, 1900, p. 206, ou Frank Spencer, ''History of Physical Anthropology'', 1997, p. 110 ISBN 0815304900. Por contra, numerosos autores indican 1826 como ano de nacemento.</ref>, foi un [[antropólogo]] [[Alemaña|xermano]]-[[Estados Unidos de América|americano]], autor dunha ''Contribución á antropoloxía histórica''.
Estudante de filosofía na [[Universidade de Halle]] e revolucionario, emigra en [[1850]] aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. En [[1853]], publica con [[Charles Goepp]] ''The New Rome, or The United States of the World'', obra na que compara os Estados Unidos co [[Imperio romano]].
En [[1878]], dá ao prelo ''Die Arier: Ein Beitrag zur historischen Anthropologie''. Baseándose nos caracteres físicos atribuídos ás poboacións indoeuropeas (cabelos louros, ollos azuis ou claros, elevada estatura, cadeiras estreitas, labios finos, prominencia do queixo, dolicocefalia) polo filólogo [[Ludwig Geiger]],sitúa a súa orixe nos pantanos de [[Rokitno]], en [[Rusia]] occidental, onde é frecuente o [[albinismo]]. Igualmente afirma que a [[lingua lituana]] está máis próxima da lingua nai [[lingua protoindoeuropea|indoeuropea]] que o propio [[lingua sánscrita|sánscrito]]<ref>Bruce Lincoln, ''Theorizing Myth: Narrative, Ideology, and Scholarship'', University of Chicago Press, 1999, p. 253, nota 18. ISBN 0226482014. e Edwin Bryant, ''The Quest for the Origins of Vedic Culture: The Indo-Aryan Migration Debate'', Oxford University Press, 2001, p. 32. ISBN 0195137779.</ref>. Engadindo aos argumentos antropolóxicos outros lingüísticos e arqueolóxicos [[Karl Penka]] ampliará este territorio á Alemaña setentrional e á Escandinavia meridional en [[1883]] e [[1886]].
Liña 9:
*''Die Arier : Ein Beitrag zur historischen Anthropologie'', Jena, 1878.
 
[[Categoría:AntropoloxíaPersonalidades da antropoloxía]]
[[Categoría:RacismoNados en 1824]]
[[Categoría:Finados en 1899]]
[[Categoría:Nados en Saxonia-Anhalt]]