Olímpico Rugby Club: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Liña 26:
O club foi fundado en [[Madrid]] na tempada 1963/64, sendo bautizado como "Olímpico 64" por mor dos Xogos Olímpicos dese ano. En [[1974]] o Olímpico deixou Madrid por [[Leganés]], e mudou de fogar novamente en [[1976]] para establecerse definitivamente en [[Pozuelo de Alarcón]]. Na [[División de Honra de Rugby 1976-1977|tempada 1976/77]] participou por primeira vez na máxima categoría do rugby español. En total foron seis tempadas na División de Honra, con varios ascensos e descensos de categoría ate a última presenza do equipo na elite do rugby nacional na [[División de Honra de Rugby 1990-1991|tempada 1990/91]]. O éxito máis salientable do Olímpico durante eses anos foi a vitoria na final da [[Copa do Rei de Rugby|Copa do Rei]] na tempada 1986-87.
 
O equipo feminino foi subcampión da Copa da Raíña tres anos seguidos entre 2005 e 2007. Despois dun novo subcampionato de liga na tempada 2012/13, o Olímpico acadou por fin o campionato da División de Honra feminina en 2013/14 derrotando na final ó [[Club de Rugby Arquitectura Técnica|CRAT]] de [[A Coruña]]. A mesma final disputada en 2017 rematou co segundo título de liga para o conxunto de Pozuelo.
 
==Tempada actual==
{{AP|División de Honra B de Rugby 2015-2016}}