Historia do mundo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
Recupero edición.
RubenWGA (conversa | contribucións)
→‎Notas: Engado máis información.
Liña 196:
* '''[[República de China (1912 - 1949)|A República de China]] ([[1912]] - [[1949]])'''. En 1912, o derradeiro emperador Qing, [[Puyi]], foi derrocado. [[Sun Yat-sen]] chegou a ser nomeado Presidente da República da China. Con todo, [[Yuan Shikai]], un líder militar, autoproclamouse emperador en [[1915]]. [[Sun Yat-sen]] instalouse en Cantón, desde onde dirixe o [[Kuomintang]], o partido político que el fundara. [[Chiang Kai-shek]], sucesor de Sun Yat-sen ao fronte do Kuomintang, conseguiu conquistar gran parte de China e estabelecer en [[Nanjing]] a capital da República de China. [[Chiang Kai-shek]] converteuse en Presidente da República. Pero no ano 1931 d. C., Xapón conquistou [[Manchuria]], abandonou a capital Nanjing, ocupada por Xapón, e repregouse ao interior, estabelecéndose na cidade de [[Chongqing]]. Tras o final da [[segunda guerra mundial]], en [[1945]], Xapón abandonou as súas conquistas en Asia, e China recuperou Manchuria e Taiwán. Cando semellaba que o goberno de Chiang Kai-shek podería xa lograr consolidar a estabilidade da república, o partido comunista organizou unha rebelión armada contra o Kuomintang. Esta converteuse nunha guerra civil total a partir de [[1947]]. En contra das previsións, os comunistas lograron vencer ao exército da República. O goberno do [[Kuomintang]] vaise a [[Taiwán]].
* '''[[República Popular China|A República Popular China]] ([[1949]] - actualidade)'''. O [[1 de outubro]] de [[1949]], o líder do Partido Comunista Chino [[Mao Tse Tung]] proclama a República Popular China desde a [[porta de Tian'anmen]] da [[Cidade Prohibida]] de [[Pequín]]. Mao foi o líder máximo da China ata a súa morte en 1976. Tras a morte de Mao, o sucesor elixido por este, [[Hua Guofeng]], non conseguiu consolidar o poder, que acabou en mans de [[Deng Xiaoping]]. Deng Xiaoping iniciou un proceso de reformas económicas e apertura comercial ao resto do mundo. Desde entón, a economía chinesa conseguiu medrar a un ritmo espectacular. Tras a morte de Deng, o seu sucesor [[Jiang Zemin]] mantivo o poder ata o ano 2003, cando foi substituído por [[Hu Jintao]], que gobernou a China ata o ano 2013, ano no cal foi substituído polo actual presidente [[Xi Jinping]].
 
=== India ===
* [[Abrigos rupestres de Bhimbetka|'''Bhimbetka''']]. Os '''abrigos rupestres de Bhimbetka''' compoñen un sitio arqueolóxico situado no estado de [[Madhya Pradesh]]. As pinturas foron descubertas en [[1957]] polo [[Arqueoloxía|arqueólogo]] indio [[Vishnu Shridhar Wakankar]] (1919 - 1988). Os abrigos presentan varias pinturas interesantes que mostran a vida das persoas que vivían nas cavernas, incluíndo escenas de nacementos, danzas e bebidas, ritos [[Relixión|relixiosos]] e enterramentos. As pinturas mostran tamén animais como os [[Bisonte|bisontes]], os [[Elefante|elefantes]], os [[Pavo|pavos]], os [[rinocerontes]] e os [[Tigre|tigres]]. Segundo a arqueóloga [[Yiotsna Kamat]], a dieta principal destas tribos eran froitas, cebolas, mel, carne de porco espiño, xabaril, veado, pescado, tartarugas e aves (incluído o pavo real). Non hai sinais de viño ou licor.<ref>[http://www.kamat.com/jyotsna/blog/blog.php?BlogID=1084 Kamat.com]</ref>
 
* '''[[Mehrgarh]]'''
* '''[[Cultura do val do río Indo]] ([[-3300|3300 a. C.]] - [[-1300|1300 a. C.]])'''. Desenvolveuse desde o ano [[-3300|3300 a. C.]] ata o ano [[-1300|1300 a. C.]] ao longo do [[val do Indo]], en [[Afganistán]], [[Paquistán]] e o noroeste da [[India]]. Abarcaba preto dun cententar de asentamentos e dúas cidades importantes: [[Harappa]] e [[Mohenjo-Daro]], ambos sitios en [[Paquistán]]. En conxunto comprendía a área máis extensa de todas as civilizacións antigas, máis dun millón de quilómetros cadrados, e atravesou varios [[Etapas da cultura do val do río Indo|períodos]], sendo o seu máximo esplendor entre o ano [[-2600|2600 a. C.]] e o ano [[-1900|1900 a. C.]]. Esta cultura desapareceu cara o ano [[-1500|1500 a. C.]], posiblemente ante os invasores [[arios]].
* '''[[Período védico]] (c. [[-1500|1500 a. C.]] - c. [[-500|500 a. C.]])'''. A India consolidouse como unha sociedade militarizada, cun sistema social de [[Castas (hinduísmo)|castas]], expresado no ''[[Rig-veda]]'' (o texto máis antigo da India, de mediados do [[II milenio a. C.|segundo milenio antes de Cristo]]).
* '''[[Mahajanapadas]] (c.&nbsp;[[-600|600&nbsp;a.&nbsp;C.]] - c.&nbsp;[[-300|300&nbsp;a.&nbsp;C.]])'''. No [[Século -IV|século IV a. C.]] floreceron o [[budismo]] e o [[yainismo]].
* '''[[Dinastía Nanda]] ([[-345|345&nbsp;a.&nbsp;C.]] - [[-321|321&nbsp;a.&nbsp;C.]])'''.
* '''[[Imperio Maurya]] ([[-320|320&nbsp;a.&nbsp;C.]] - [[-180|180&nbsp;a.&nbsp;C.]])'''. A finais do [[Século -IV|século IV&nbsp;a.&nbsp;C.]], un guerreiro chamado [[Chandragupta Mauria]] unificou a India, dándolle estabilidade baixo o [[Imperio mauria]].
* '''[[Imperio Śuṅga]] ([[-185|185&nbsp;a.&nbsp;C.]] - [[-75|75&nbsp;a.&nbsp;C.]])'''.
* '''[[Dinastía Kanva]] ([[-75|75&nbsp;a.&nbsp;C.]] - [[-30|30&nbsp;a.&nbsp;C.]])'''.
* '''[[Kushan]] ([[30|30&nbsp;d.&nbsp;C.]] - [[375|375&nbsp;d.&nbsp;C.]])'''.
* '''[[Imperio Gupta]] ([[320|320&nbsp;d.&nbsp;C.]] -[[550|&nbsp;550 d.&nbsp;C.]])'''.
* '''[[Dinastía chalukya]] ([[543|543&nbsp;d.&nbsp;C.]] -&nbsp;[[743|743 d.&nbsp;C.]])'''.
* '''[[Rashtrakuta]] ([[783|783&nbsp;d.&nbsp;C.]] - [[952|952&nbsp;d.&nbsp;C.]])'''.
* Cara o ano [[1000|'''1000''']], conquistadores [[Turquía|turcos]] de [[Islamismo|relixión musulmá]] ingresaron militarmente, e desde entón o [[India|territorio indostánico]] é [[musulmán]] e [[Hinduísmo|hinduísta]].
* '''[[Imperio Hoysala]] ([[1026]] - [[1343]])'''.
* '''[[Imperio vijayanagara]] ([[1336]] - [[1646]])'''.
* '''[[Reino de Mysore]] ([[1399]] - [[1950]])'''. Reino (subordinado ao Imperio Vijayanagara ata o ano 1565) e principado vasalo do Reino Unido despois de 1799.
* '''[[Unión da India]] ([[1947]] - [[1950]])'''. A [[India]] foi controlada militarmente por Inglaterra desde a conquista de [[Delhi]] en 1804, e mantiveron o seu dominio a pesar dunha gran rebelión nativa en 1857.
* '''[[India|República da India]] ([[1950]] - actualidade)'''.
* '''[[Indochina]]'''. [[Comercio|Comerciantes]] da [[India]] levaron no [[século VII]] o [[hinduísmo]] ata o [[Sueste asiático|sueste de Asia]]. Baixo a súa influencia, en Indochina xurdiu o [[Imperio jemer]], que foi poderoso entre os séculos [[Século VIII|VIII]] e [[Século XIII|XIII]], para ser substituído logo por outros reinos.
 
== Notas ==