Diferenzas entre revisións de «Falsa acacia»

Engadir nome en galego
m (Carl von Linné)
(Engadir nome en galego)
== Etimoloxía ==
O nome do xénero Robinia dedicoullo o naturista [[Carl von Linné]] ao [[botánica|botánico]] [[Jean Robin]], 1550-1629, [[botánica|botánico]] do rei [[Henrique IV de Francia]], que introduciu esta árbore en [[Francia]] procedente das [[Colonias francesas|colonias francesas americanas]]. O primeiro individuo, plantado na praza Dauphine de [[París]] en 1601, desapareceu hai anos, mais dos seus regromos aínda sobreviven algunhas árbores hoxe na vila: unha no barrio : René-Viviani plantada en 1601<ref>{{Cita libro|autor= Jacques Hillairet|título= Dictionnaire historique des rues de Paris| editorial= éditions de Minuit|ano=1985|isbn=2707310549|páxina=452}}</ref>), e outra no xardín botánico parisién: ''Jardin des plantes de Paris'', plantada en 1636.<ref>[http://www.mnhn.fr/museum/foffice/tous/tous/guidePratique/lieuxVisiter/LieuxAVisiter/FLieuAVisiter.xsp?AE_ID=225&ID=214&INFO_ID=21&LIEU_ID=158&MAN_ID=273&SITE_ID=10&fidx=1&idx=6&nav=liste Site officiel du Muséum national d'histoire naturelle]</ref>
Aínda con semellanzas ás especies do xénero ''Acacia'', a robinia non pertence a tal xénero, de aí o termo da especie: ''pseudacacia'' e o nome común galego de acacia falsa ou bastarda. Na zona do Val de Barcal coñécese como serpín.
 
== Descrición ==
A arboriña pode acadar os 20 ou 30 m de altura. Adoita formar pequenas manchas boscosas monospecíficas invasoras a partir dos numerosos abrochos que saen a xeito de fillos da planta nai.
 
O tronco é pardo cinsento cunha casca grosa profundamente fendida en sentido lonxitudinal<ref name="Arbres">{{fr}} ''Arbres'', Jaromir Pokorny, p. 118, ISBN 2-7000-1818-4, Éditions Gründ, 1987.</ref>. A pólas novas son [[espiña (botánica)|espiñentas]].
 
Posúe unha copa ampla pouco mesta con follas compostas por entre nove e vinte e un [[folíolo]]s ovais <ref name=Arbres/> de cor verde amarelentos que se viran amarelos no outono antes da caída. É común a seca dalgunhas pólas, e nalgúns casos da árbore enteira. As [[estípula]]s das follas das pólas sen flores transfórmanse en espiñas, que fican despois da caída das follas.
Usuario anónimo