Historia do mundo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
→‎China: convertiu > converteu; enfrentamentos > enfrontamentos; frente > fronte
m →‎China: sitio arqueolóxico
Liña 169:
 
* '''[[Dinastía Xia]] ([[-2100|2100 a. C.]] - [[-1600|1600 a. C.]])'''. A dinastía Xia que segundo as crónicas chinesas tería durado do [[Século -XXI|século XXI a. C.]] ao [[Século -XVI|século XVI a. C.]], está considerada a primeira dinastía na historia [[República Popular da China|chinesa]]. As [[memorias históricas]] de [[Sima Qian]] recollen os nomes dos 17 reis desta dinastía. Arredor dos ríos [[Río Yangtzé|Yangtzé]] e [[Huang He]] xurdiu a cultura [[Dinastía Xia|Xia]] e a cultura [[Dinastía Shang|Shang]]. Esta sucumbiu ante os invasores [[Zhou]], que gobernaron China durante a primeira metade do [[I milenio a. C.|primeiro milenio a. C.]]
* '''[[Dinastía Shang]] ([[-1600|1600 a. C.]] - [[-1046|1046 a. C.]])'''. A dinastía Shang seguiu á lendaria [[dinastía Xia]] e precedeu á [[dinastía Zhou]] ([[-1122|1122 a. C.]] - [[-256|256 a. C.]]). Especúlase que foi fundada por un líder rebelde que destronou ao (aínda lendario) derradeiro gobernante Xia. En [[1951]] foi atopado en [[Erligang]], nas proximidades da actual cidade de [[Zhengzhou]], provincia de [[Henan]], o primeiro xacemento[[sitio arqueolóxico]] da denominada [[cultura de Erligang]] ([[-1600|1600 a . C.]] - [[-1400|1400 a. C.]]), da [[Idade de Bronce]] en China. Moitos arqueólogos chineses cren que Zhengzhou atópase onde estivera unha antiga capital da dinastía Shang, o que identificaría a cultura de Erligang como un dos inicios da dinastía Shang. [[Sima Qian]] di nas súas ''[[Memorias históricas]]'' que a dinastía Shang trasladou a súa capital seis veces. O derradeiro e máis importante traslado, á cidade de [[Yin (cidade)|Yin]] en [[-1350|1350 a. C.]], conduciu á época dourada da dinastía. [[Shang Zhou]], o derradeiro rei Yin, suicidouse despois de que o seu exército fose derrotado polo pobo [[Dinastía Zhou|Zhou]]. As lendas din que o seu exército lle traicionou uníndose aos rebeldes. Tanto as lendas [[Corea|coreanas]] como as chinesas manifestan que un desencantado príncipe Yin chamado Jizi, que refusou ceder o poder aos Zhou, deixou China coa súa guarnición e fundou o estado de [[Estado de Choseon|Choseon]] preto da actual [[Pyongyang]], o primeiro estado coreano. Aínda que Jizi é mencionado só unhas poucas veces nas Memorias históricas, pénsase que a historia da súa marcha a Choseon non é senón un mito.
* '''[[Dinastía Zhou]] ([[-1046|1046 a. C.]] - [[-256|256 a. C.]])'''. A finais do período Zhou creceron dous grandes escolas filosóficas, o [[confucianismo]] e o [[taoísmo]].
*[[O período das Primaveras e Outonos|'''O período das Primaveras e Outonos''']]. Á súa vez, no [[Século -VI|século VI a. C.]], a antiga hexemonía Zhou dividiuse en varios reinos, os cales entraron nun estado crónico de guerra, durante o período de [[Primaveras e Outonos]].