Machu Picchu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m ligazón a pedra
Liña 26:
 
[[Ficheiro:Llama, peru, machu picchu.jpg|180px|miniatura|Vista dunha [[llama]] en fronte de Machu Picchu.]]
'''Machu Picchu''' (do [[quechua do sur|quechua sureño]] '''Machu Pikchu''', "montaña vella")<ref>Teofilo Laime Acopa, Dicionario Bilingüe, Iskay simipi yuyay k'ancha, Quechua – Castellano, Castellano – Quechua: '''''machu''''' - ''adx. e s. m. Viejo. Hombre de mucha edad (Úsase tamén para animais).'' - '''''machu''''' - ''s. m. Anciano. Viejo.'' '''''pikchu''''' - ''s. Pirámide. Sólido puntiagudo de varias caras. || Cono. Ch'utu.'' '''''machu pikchu''''' - ''s. A gran cidadela pétrea que foi quizais un dos máis grandes monumentos relixiosos do incanato, entre o val do Cuzco e a selva virxe (JAL). || Monumento arqueolóxico situado no departamento actual do Cuzco, xunto ao río Urubamba, nun cumio case inaccesible (JL).''</ref> é o nome contemporáneo que se lle dá a unha ''[[llaqta]]'' (antigo poboado [[Andes|andino]] [[inca]]) de [[pedra]] construída principalmente a mediados do [[século XV]] no promontorio rochoso que une as montañas Machu Picchu e [[Huayna Picchu]] na vertente oriental dos [[Andes#Andes Centrais|Andes Centrais]], no sur do [[Perú]] e a 2490 [[Nivel medio do mar|msnm]], altitude da súa praza principal. O seu nome orixinal sería ''Picchu'' ou ''Picho''.<ref name=repetida_1>{{Cita Harvard sen parénteses|Glave |Remy|1983|p= 247}}</ref>
 
Segundo documentos de mediados do século XVI<ref>Un documento xudicial de 1568 exhumado por Glave e Remy (1983) e ampliado por Rowe (1990) alude ao carácter privado de varios centros poboados da rexión de "Picchu" en tempos incas, que incluía a Machu Picchu. A propiedade persoal era unha potestade exclusiva dos gobernantes incas e é un tema sobre o que traballou amplamente [[María Rostworowski]] (1993 : 105 - 146). Sobre o carácter "privado" de Machu Picchu hai certo consenso (Rowe, Burger, Lumbreras, Wright, Valencia, Rostworowski, Reinhard), aínda que Kauffmann disinte abertamente (Kauffman 2006: 62)</ref> Machu Picchu sería unha das residencias de descanso de [[Pachacuti]] (primeiro emperador inca, 1438-1470). Así a todo, algunhas das súas mellores construcións e o evidente carácter cerimonial da principal [[Camiños do Inca|vía]] de acceso á [[llaqta]] demostrarían que esta foi usada como santuario relixioso.<ref>Alfredo Valencia en Burger et. al. 2006 : 81</ref> Ámbolos usos, o de palacio e o de santuario, non serían incompatibles. Algúns expertos parecen descartar, emporiso, un suposto carácter militar, polo que os populares cualificativos de "fortaleza" ou "cidadela" poderían ser superados.<ref>Nada indica un uso militar: a área agrícola e a orixe das fontes de auga de Machu Picchu están extramuros da cidade, polo que Machu Picchu non resistiría un asedio longo; a muralla non é moi alta e o "foso" é en realidade un desaugadoiro ({{cita web |url=http://www.waterhistory.org/histories/machupicchu/ |título= Ancient Machu Picchu Drainage Engineering |autor= Kenneth R. Wright|autor2= Alfredo Valencia, William L. Lorah |lingua= inglés|url-arquivo= http://www.waterhistory.org/histories/machupicchu/machupicchu.pdf|dataarquivo=24/06/2003 |dataacceso= 30/03/2013}}, aínda que o tema xa fora suxerido por Buse (1962). Os inimigos máis próximos dos incas en tempos de Pachacuti estaban no val do Apurímac ([[#Rowe|Rowe]] 1990, 142 ; Rostworowski 2004, 53), do que Machu Picchu estaba separado pola inmensa rexión de Vilcabamba. Os establecementos incas con usos militares arqueoloxicamente coñecidos na rexión (como Marcaypiri, Salapunko e Huilca Raccay, explorados polo Proxecto Cusichaca ([[#Kendall|Kendall]] 1987 : 98) difiren na súa natureza e construción de Machu Picchu. A partir do tipo de restos humanos achados nas tumbas de Machu Picchu, Lumbreras afirma: "todo indica que a poboación non incluía guerreiros" Machu Picchu nova <http://www.machupicchu.perucultural.org.pe/actividades.htm>. Kauffman coincide indicando que "non podería dicirse que era unha fortaleza. E en caso de ser así, contra quen?" (Kauffmann 2006: 62)</ref>