Diferenzas entre revisións de «Georg Wilhelm Friedrich Hegel»

sen resumo de edición
m (Arranxos varios)
O pensamento de Hegel pode entenderse coma un desenvolvemento construtivo dentro da ampla tradición que inclúe a [[Platón]] e [[Immanuel Kant]]. A esta lista podemos engadir [[Proclo]], [[Meister Eckhart]], [[Gottfried Wilhelm Leibniz]], [[Plotino]], [[Jakob Böhme]] e [[Jean-Jacques Rousseau]]. O que todos estes pensadores comparten, o cal os distingue dos [[Materialismo|materialistas]] coma [[Epicuro de Samos|Epicuro]], os [[Estoicismo|estoicos]] e [[Thomas Hobbes]], e dos [[Empirismo|empiristas]] coma [[David Hume]], é que consideran a liberdade ou a autodeterminación tanto reais como con implicacións ontolóxicas importantes para a alma, a mente ou a divindade. Este enfoque da liberdade é o que xera a noción de Platón (en [[Fedón (Platón)|''Fedón'']], ''[[A República]]'' e [[Timeo (diálogo)|''Timeo'']]) da alma como unha realidade máis alta ou máis completa que a que posúen os obxectos inanimados. Aínda que Aristóteles critica as «formas» de Platón, preserva as pedras angulares deste das implicacións [[Ontoloxía|ontolóxicas]] para a autodeterminación: o razoamento ético, o cumio da alma na xerarquía da natureza, a orde do cosmos e unha aceptación con argumentos razoados para un motor primordial. Kant importa a alta estima de Platón da soberanía individual ás súas consideracións de liberdade moral e noumenal, así como a Deus. Os tres atopan un terreo común na posición única dos seres humanos no esquema das cousas, coñecido polas diferenzas categóricas analizadas entre animais e obxectos inanimados.
 
Na súa exposición sobre o «espírito» na súa ''Enzyklopädie'', Hegel gaba a obra aristotélica ''[[Da alma]]'' como «por moitmoito o máis admirábel, quizais o único traballo de valor filosófico sobre este tema». Nas súas ''Phänomenologie des Geistes'' (''Fenomenoloxía do espírito'') e ''Wissenschaft der Logik'' (''Ciencia da lóxica''), a preocupación de Hegel polos temas kantianos como a liberdade e a moral, e coas súas implicacións ontolóxicas, é omnipresente. En troques de simplemente rexeitar o dualismo de Kant da liberdade contra a natureza, Hegel aspira a subsumilo dentro do «infinito verdadeiro», o «concepto» (ou «noción»: ''Begriff''), o «espírito» e a «vida ética» de tal maneira que a dualidade kantiana faise intelixíbel, no canto de ficar como un «dado» bruto.
 
A razón pola que esta subsunción ten lugar nunha serie de conceptos é que o método de Hegel, na súa ''Wissenschaft der Logik'' e ''Enzyklopädie'', é comezar con conceptos básicos como o ser e a nada e desenvolvelos a través dunha longa secuencia de elaboracións, incluíndo aqueles xa mencionados. Deste xeito, unha solución que se acada, en principio, na explicación do «infinito verdadeiro» na ''Wissenschaft der Logik'', repítese en novas formas en etapas posteriores, ata «espírito» e «vida ética», no terceiro volume da ''Enzyklopädie''.
 
=== Estado ===
O Estado para Hegel é a culminación final da encarnación da liberdade ou do dereito (''Rechte'') en ''[[Grundlinien der Philosophie des Rechts]]''. O Estado engloba a familia e a sociedade civil e satisfanos. Os tres xuntos chámanse «vida ética» (''[[Sittlichkeit]]''). O Estado participa en tres «momentos». Nun Estado Hegelianohegeliano, os cidadáns coñecen e elixen o seu lugar. Ambos coñecen as súas obrigas e elixen cumprilas. «O deber supremo dun individuo é ser membro do Estado» (''Grundlinien der Philosophie des Rechts'', sección 258). O individuo ten «liberdade substancial no Estado». O Estado é «espírito obxectivo» e «é só por ser membro do Estado que o individuo mesmo ten obxectividade, verdade e vida ética» (sección 258). Cada membro, ademais, ama o Estado con xenuíno patriotismo, mais transcendeu o mero «espírito de equipo» referendando a súa cidadanía. Os membros dun Estado hegeliano están felices incluso se teñen que sacrificar as súas vidas polo Estado.
 
=== Heráclito ===
 
== Obra ==
A primeira e máis importante das obras maiores de Hegel é a súa ''[[FenomenoloxíaPhänomenologie dodes Espírito]]Geistes|''Phänomenologie des Geistes'']]. Durante a súa vida publicáronse tamén a ''[[Enciclopedia das ciencias filosóficas]],'' a ''[[Ciencia da lóxica]]'' e os ''(Elementos da) Filosofía do dereito''. Varias obras máis sobre a filosofía da historia, relixión estética e a historia da filosofía recompiláronse a partir dos apuntes dos seus estudantes e publicáronse de xeito póstumo.
 
== Teoría ==
Os de esquerda viron a ser chamados [[hegelianos xoves]] e interpretaron a Hegel nun sentido revolucionario, o que os levou a aterse ao [[ateísmo]] na relixión e á [[democracia liberal]] na política. Entre os [[hegelianos de esquerda]] atópanse [[Bruno Bauer]], [[Ludwig Feuerbach]], [[David Friedrich Strauss]], [[Max Stirner]] e, o máis famoso, [[Karl Marx]]. Os múltiples cismas nesta facción levaron finalmente á variedade [[anarquismo|anarquista]] do [[egoísmo]] de Stirner e á versión marxista do [[comunismo]].
 
No século XX, a filosofía de Hegel tivo un gran renacemento: isto foi debido en parte ao seu redescubrimento e reavaliación como proxenitor filosófico do [[marxismo]] por marxistas de orientación filosófica, en parte a un rexurdimento da perspectiva histórica que Hegel achegou a todo, e en parte ao crecente recoñecemento da importancia do seu método dialéctico. Algunhas figuras que son relacionadas con este renacemento son [[Herbert Marcuse]], [[Theodor Adorno]], [[Ernst Bloch]], [[Alexandre Kojève]] e [[Gotthard Günther]]. O renacemento de Hegel tamén puxo de relevo a importancia das súas primeiras obras, é dicir, as publicadas antes dade ''[[FenomenoloxíaPhänomenologie dodes espíritoGeistes]]''.
 
== Obras principais ==
10.315

edicións