Non hai noite tan longa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m →‎Trama: Arranxos
Liña 29:
A acción volve uns días atrás cando, en París, recibe a chamada da súa irmá Elsa que lle comunica a morte da nai e decide ir ao enterro. Ao día seguinte, pola vila coa irmá falan dos avós, avogado e mestra represaliados da Guerra, ela sempre rodeada de libros… Na súa última noite en Monteverde, pídelle a Elsa que lle conte como fora o do pai: no outono do 69 a garda civil veu detelo unha noite, acusándoo de intento de violación dunha rapaza de 16 anos, Natalia, filla dun dos prebostes da vila. Gabriel lembra o odio contra todo que sentiu naqueles días e o seu desexo de fuxir. Volve a París mais toma a decisión de volver a Monteverde para que descanse o espírito do pai.
 
De novo en Monteverde comeza a súa investigación chamando aoo avogado que defendera o pai, Félix Barral. E vai estreitando a relación con Milena, a sobriña. Coas informacións do avogado, de Milucha, de Natalia e outras testemuñas consegue descubrir o que pasou en realidade e como culparon a seu pai do crime de outro.
 
Valéndose dun engano consegue entrevistarse co culpábel e vaille expondo o que pasou naqueles días de 1969,; cando este recoñece o ''Moureliño'' quere compralo. Todo queda gravado e manda esa gravación á prensa.
 
== Narración ==