Gimli: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 33:
 
O amor de Gimli por Galadriel demóstrase no seu primeiro encontro con [[Éomer]] de [[Rohan]]. Éomer fala rudamente sobre Galadriel, proferindo rumores falsos sobre ela. Entón Gimli respóndelle con insultos, levando a unha situación hostil que unha vez máis é conciliada por Aragorn.
[[Ficheiro:Gimli.png|miniatura|50|Gimli.]]
Ó final do primeiro libro, xa está desenvolvendo unha infrecuente amizade co elfo [[Legolas]]. No segundo libro (''[[As Dúas Torres]]''), Gimli proba o seu valor en combate (pero non por primeira vez). Na batalla de [[Cornoburgo]], el e Legolas enfróntanse nunha competición para ver quen mata máis [[Orco (Terra Media)|orco]]s (Gimli gaña por un, pero ambos gárdanse mutuo respecto). Máis tarde a vívida descrición das Cavernas de [[Aglarond]] provoca que o elfo lle faga prometer que ambos as visitarán cando a guerra remate. Ao final logran cumprir esta promesa, na que Gimli tamén consente en visitar o [[Fangorn|Bosque de Fangorn]]. A súa amizade convértese nun modelo para predicar; incluso montan no mesmo cabalo. Despois da guerra, Gimli guiaría un gran número de ananos do clan de Durin para establecer un novo reino de ananos en Aglarond, e converteríase no primeiro "Señor das Covas Escintilantes" durante a [[Cuarta Idade do Sol]]. Os ananos da [[Montaña Solitaria]], guiados por Gimli, repararían o dano causado durante a [[Guerra do Anel]]. O máis notable foi a substitución do Gran Portal de [[Minas Tirith]] cun novo fabricado de [[mithril]] e de aceiro, así como a mellora no trazo da cidade enteira.