Manuel Lugrís Freire: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxe
Liña 1:
{{Escritor
|imaxe = Manuel LugrisLugrís Freire 1934.JPGjpg
|tamaño_imaxe = 200px
|descrición = Retrato en ''[[Vida Gallega]]'', 1934.
|nome_completo =
|data_de_nacemento = [[11 de febreiro]] de [[1863]]
Liña 38:
O pai de Manuel Lugrís Freire tiña un almacén de sal no porto, pero perdeuno por problemas administrativos, polo que axiña chegaron as dificultades económicas. Así, ao rematar os estudos primarios, Manuel viuse obrigado a estudar para escribán no concello de [[Oleiros]], ata onde ía andando dende a súa casa en [[Soñeiro, Sada|Soñeiro]]. É daquela cando escribe "Nociones generales de mitología". Emigrou a [[Cuba]] aos vinte anos, chamado polo seu irmán maior Plácido, entre as guerras. Alí traballou como contable na firma Otamendi Amiel, formou parte do Centro Galego dende [[1884]] e foi o director (e fundador) do primeiro xornal americano editado integramente en [[lingua galega]], ''[[A Gaita Gallega (publicación)|A gaita gallega]]'' (1885-1889), tras colaborar con ''[[El Eco de Galicia (A Habana)|El Eco de Galicia]]'' de [[Waldo Álvarez Insua]], no que a súa primeira colaboración fora un poema intitulado "Nostalxia". A declaración de principios aparece no seu artigo "O noso pensamento". N´''A gaita gallega'' colaborou durante as primeiras seis entregas pero, pelexado con [[Ramón Armada]], deixouna. Foi un dos fundadores de ''[[La Tierra Gallega (1894)|La Tierra Gallega]]''. Foi tamén vogal da xunta directiva do [[Centro Galego da Habana]]. En [[Cuba]] publicou ''Soidades'' (poesías prologadas por [[Curros Enríquez]]), a novela curta ''O penedo do crime'' e ''A costureira da aldea'', obra de [[teatro]] [[costumismo|costumista]] que tamén se representou. Escribiu tamén a obriña ''De Galicia a [[Lavapiés]]'', en resposta a unha obra que pretendía ridiculizar os galegos.
 
[[Ficheiro:Manuel Lugris e dona.JPG|miniatura|esquerda|Manuel Lugrís e a súa dona Concepción Orta.]]
Volveu á [[Galiza]] en [[1896]] acompañado da cubana de ascendencia española Concepción Orta Iglesias, instalouse na [[A Coruña|Coruña]] e continuou o seu labor literario, mentres que seguía empregándose como contábel. Ingresou na [[Sociedad Anónima Aguas de La Coruña]], da que foi socio accionista e primeiro empregado. Relacionouse cos [[rexionalismo galego|rexionalistas]] coruñeses, tomando parte en todas as actividades [[Galeguismo (política)|galeguistas]] do momento, como a [[Cova Céltica]], xunto con [[Manuel Murguía|Murguía]], [[Eduardo Pondal|Pondal]] e outros. En [[1897]] entrou na directiva da [[Liga Gallega (A Coruña)|Liga Gallega da Cruña]], presidida por [[Salvador Golpe]], como secretario.
[[Ficheiro:Purificación González Varela (muller de Lugrís), Real Academia Galega, A Coruña, 25 de xullo de 1934.jpg|miniatura|170px|Pura González, segunda muller de Lugrís.]]