Editorial Citania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Información reecollida e renovada, non simple calco.
Información engadida.
Liña 10:
Estes mil subscritores dos que falaba Luis Seoane, el definíaos como《mil homes galegos subscritos polo seu amor á súa estirpe e á vella nación de orixe》. O proxecto da Editorial Citania, aínda que nace sen un programa definifido, tiña como propósito promover os autores galegos censurados no país e os exiliados na América. En plena posguerra, a editorial era unha  continuación do traballo de artistas, escritores e demais personaxes galegos que perseguían a rexeneración e desenvolvemento da cultura e arte da Galiza tras a Guerra Civil española mediante editoriais (Nova, Emecé, Alborada), programas de radio (Galicia Emigrante, A hora Iberoamericana), traballos xornalísticos etc. Tal e como o dicía Seoane, esta era unha obra ''"de divulgación cultural (...) para engrandecer o nome de Galicia nas repúblicas americanas." "Non se trata dunha empresa interesada en favorecer a este ou a outro núcleo partidista da colectivididade, a un ou a outro ideal. Trátase dunha empresa que non ten máis programa que o de facer coñecer entre propios e estranos o espiritu de Galicia".'' <ref>{{Versaleta|Gerhardt}} (2015). [http://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/viewFile/48569/4537 "Asociacionismo gallego y mercado del libro en la Buenos Aires del medio siglo: dos proyectos editoriales de Luís Seoane"]</ref>
 
Como moitas das editoriais galegas no exilio, Citania ve o seu fin no 1959 (nun contexto, ademais, de declive do ámbito editorial) debido as escasas ventas das súas publicacións de literatura galega, sen fixar un mercado autóctono americano ou inmigrante. Seoane dirixíase así a Diaz Dorado: ''“languidece, a pesar de nuestros esfuerzos”'' <ref>[http://epistolarios.consellodacultura.gal/ramon-pineiro/tematicas.php?tematica=3314&a=3099&d=3708 As cartas de Ramón Piñeiro sobre a Editorial Citania]</ref>.
 
Hoxe en día e quizais como unha homenaxe á súa predecesora, con mesmo nome e similar obxectivo (a difusión da cultura e arte galegas en distintos ámbitos), a editorial lucense [http://www.citania.com/producto.13.php Citania] publica e difunde libros e demais materiais gráficos en lingua galega.
 
== Coleccións e publicacións ==